A maleta 2


Fai un par de semanas puxemos en marcha unha nova dinámica de TRABALLO COOPERATIVO: A maleta. Esta dinámica utilízase para profundizar no coñecemento que teñen uns nen@s doutr@s. Para conseguir unha boa cohesión grupal e traballar en pro dunha aula inclusiva é necesario realizar dinámicas grupais que fomenten o acercamento e o coñecemento mutuo.

A maleta é unha DINÁMICA DE COHESIÓN GRUPAL que consiste en enviar á casa dos nen@s (nós facémolo o venres) unha maleta ou maletín cunhas instrucións. Nós utilizamos as seguintes:

O luns desta semana recibimos as dúas primeiras maletas. Teño que dicir que é das actividades máis bonitas e tenras que teño feito na escola. É realmente como ver por un burato un anaco da vida dos teus pícaros. Xa estou desexando que chegue o luns para saber máis dos meus peques.

Que nervios que levará dentro?

“Un coche porque me gustan os coches, un tigre porque son amante dos animais, unha caixa musical  cun balón de plástico e cromos de fútbol e un album de fotos para que coñezades á miña familia”. De verdade, un instante moi especial. Debe a escola “perder” o tempo nestas cousas???? EU CREO QUE SÍ 


Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 Comentarios en “A maleta

  • Bea

    Por supostísimo que sí!!!! E por supostísimo que non é perder o tempo, senón gañalo. A razón é porque nese momento de protagonismo dun neno ou nena calquera na aula, que está explicando o contido da súa maletiña, haberá unha atención plena polo resto de compañeir@s e ese momento ·de gloria” consigue enchelo de ánimo e motivación. Non todos os nenos e nenas veñen cargados de enerxía, de gañas de participar e interactuar, nin cunha autoestima alta que lles permita facer o que sexa e cando sexa sin pensalo. Este deseguro que é un xeito de darlle “batería”, unha pouquiña de carga positiva para que eses peques aos que lle costa máis vaian gañando confianza en sí mesmos.
    Isto entre outros moitos aspectos… encántame a actividade!!!! Vou preparar unha maletiña para facela cos meus peques.
    Grazas por compartir profe!
    🙂