Obradoiro de arqueoloxía


Despois de tantos preparativos por fin chegou o gran día. A primeira hora da mañá chegou Vanesa, a nosa arqueóloga, preparada para ensinarnos moitas cousas sobre o seu traballo. O primeiro que fixemos mentras os nen@s estaban con outra profe foi preparar as dúas fosas (unha para o primitivo e a outra para o triceratops).

Unha vez realizados os primeiros preparativos, fumos á biblioteca do colexio. Alí os nen@s escoitaron as explicacións de Vanesa que lles preparou un conto moi divertido co que aprenderon un montón. Despois chegou a quenda dos paleontóg@s e vimos cousas sobre os dinosaurios.

Rematada a charla teórica, chegou o momento de poñerse mans á obra. Na clase cada nen@ colleu os seus materiais (pinceis, brochas, sombreiros, bolsas zip…) e saímos cara a zona de excavación.

Alí Vanesa dividiu aos nen@s en grupos de traballo: uns cavaban, outros retiraban terra e outros gardaban os restos en bolsas. Os peques portáronse xenial e cousa foi moi fluída rotando entre eles de posto sen que ninguén lles dixera nada.

Pouco a pouco, os ósos foron aparecendo e a emoción seguía a crecer. Nese intre viuse necesario facer un reconto para non esquecer ningún óso baixo a terra.

Penso que esta actividade pecha este proxecto sobre os primitivos. Os nen@s aprenderon moito, estiveron moi motivados e eu paseino xenial. Que máis se pode pedir?????

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *