Actividade Elfos e calcetines


Fai tempo que escoitei falar do aprendizaxe servizo (APS) e estaba desexando realizar algunha actividade neste ámbito. O aprendizaxe-servizo é unha metodoloxía educativa que combina o currículo académico co servizo comunitario. É unha metodoloxía que combina nunha soa actividade o aprendizaxe de contidos, competencias e valores coa realización de tarefas de servizo á comunidade.

Fai unhas semanas a miña compañeira e eu, estudamos a posibilidade de participar nunha acción solidaria “Elfos y calcetines” coa que colabora o concello de Ortigueira. A idea desta iniciativa é a de convertirse en Elf@ neste nadal. Inscríbeste e recibes un correo electrónico coa carta dun “calcetín” (nen@ sen recursos) na que pedirá xoguetes dunha media de 30 euros. Despois deberemos mercar un regalo, empaquetalo e levalo a un punto de recollida (Centro Social de Ortigueira).

Falamos cos nen@s e decidimos colaborar nesta iniciativa, pero… “Como podemos conseguir 30 euros? Que sabedes facer?” Despois de moitas ideas (romper a hucha, pedirllo aos papás…), os profes os inducimos ao lanzamento dun disco de música feito por el@s para a súa posterior venta.

Niso estamos agora mesmo, xa temos novo proxecto de traballo e nesta ocasión cunha finalidade social: APRENDIZAXE SERVIZO.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *