Listaxe de cancións


Antes de comezar o novo proxecto “Somos Elfos” fixemos
unha recollida de ideas previas. Neste ocasión, sobre os pasos a seguir para á
elaboración dun disco de música: facer unha portada, a lista de cancións,
buscar compradores, facer un estudio de música, elaborar o libreto
do cd e inventar unha canción. Esta chuvia de ideas realizámola
facendo un FOLIO XIRATORIO. Cada equipo aportou as súas ideas e as
puxemolas en común nun DNI-3.
Ao día seguinte, e vendo varios cds de
música aportados polo profe, decidimos que o primeiro paso era
elixir a listaxe de cancións do noso disco solidario. Volvendo a
utilizar a estructura cooperativa FOLIO XIRATORIO cada equipo aportou
varias opcións para á “playlist” do noso disco.
En pequenos ratiños imos grabando co
móbil algunhas cancións. Cada vez que grabamos unha, un
encargad@ anota que xa foi cantada. Xa levamos cinco!!!!!

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *