A carátula do noso cd


Outra das tarefas que nos propuxemos para a realización do noso disco foi o deseño da carátula do cd. Nunha sesión anterior, seguindo o mesma dinámica que explicarei de seguido, eliximos o nome do noso grupo musical: SANGRE GRIN (o seu significado ten unha explicación moi longa)

Para o diseño da carátula do cd, o primeiro que fixemos foi fotocopiar para cada nen@ un modelo en branco de cd. Despois cada un, individualmente, realizou o seu deseño. Unha vez rematados os debuxos, sentadiños de novo na asemblea, cada nen@ saiu diante dos demáis e explicou, “defendeu”,”vendeu” a súa proposta que despois foron pegadas nun mural.

Noutra sesión diferente, decidimos o modelo que representaría a todo o grupo. Fixemos unha DINÁMICA COOPERATIVA chamada GRUPO NOMINAL. Utilízase para consensuar unha decisión e o seu funcionamento é o seguinte: Cada nen@ puntúa cada deseño do cd cun número. Ao que máis lle gustou ponlle un 1 e ao que menos un 14 e así co resto de deseños. Despois póñense en común os resultados. O profe, suma rápidamente os números de cada deseño e o que menos puntos teña é o “gañador” o elixido por tod@s. AND THE WINNER IS….

No seu momento non me gustou nadiña, pero canto máis o vexo… Mañá todos os nen@s virán ao colexio vestidos de músic@s para facer a portada do disco (decidimos facer unha foto de grupo). Mentras tamén estamos a elaborar o libreto. En parellas escriben a letra de cada canción.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *