O emociómetro


A Wikipedia define as emocións como: reaccións psicofisiolóxicas que representan modos de adaptación a certos estímulos do individuo cando percibe un obxecto, persoa, lugar, suceso ou recordo importante. Para mín unha das cousas máis importantes que aprendín das emocións é que non se poden controlar. Unha persoa non pode controlar o que sinte, pero sí o que fará con esa emoción. As nosas accións sí son controlables. 

Este verán caín da burra e comecei a miña formación en educación emocional. Escoitei os vídeos motivadores de César Bona e merquei uns cantos libros que me foron de moita axuda.  En setembro comecei a traballar cos meus pícar@s. Unha das actividades estrela do noso día a día é o EMOCIÓMETRO. Este é simplemente un taboleiro con bolsillos onde os nen@s expresan como se sinten. Cada día na miña clase, os nen@s e o profe, colocamos a nosa foto (pegada nun depresor) e eliximos unha emoción: ALEGRÍA, TRISTEZA, IRA, MEDO, SORPRESA, NERVIOSISMO. Todas os días, comezamos a nosa mañá expresando como nos sentimos. Máis tarde na asemblea, o que quere pode falar sobre como se sinte. Funciona superben, e moitas veces despois do recreo hai moitos movementos no Emociómetro: enfado, tristeza, alegría…

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *