Lanzando disco solidario 1


Estas últimas semanas non puiden escribir nada. Andiven superocupado co proxecto do disco solidario. Moito traballo, o ano que ven collo método para non facer nada ;). Moito traballo pero moi gratificante. A semana que ven, xa con todos os cds vendidos, levaremos ao centro social do noso pobo o regalo para Fran, un neno de 13 anos que non coñecemos de nada pero que gracias ao esforzo dos nen@s poderá desfrutar do seu regalo.

Estes últimos días, ocupámolos en rematar o libreto, preparar os carteis publicitarios para buscar compradores, incluso fixemos un videoclip, pero as estrictas e absurdas normas do centro onde traballo, sumado á versión antidiluviana do Drupal que a Consellería ten instalada nas páxinas web dos centros fixo imposible reproducilo.

O luns, os nen@s levarán esta xoia para as súas casas. As súas familias o “mercarán” por dous euros e  o mércores levaremos o regalo ao Centro Social onde seremos recibidos polas chicas de servizos sociais do pobo que lle agrederán aos nen@s o seu traballo. Chegado a este punto, a actividade pecha o seu círculo: aprendizaxe + acción social.

O libreto do noso disco pecha co seguinte texto:

Como dixo Roser Batlle (especialista en Aprendizaxe Servizo) ao final dunha conferencia: “Para pasar del dominio del individuo hacia la convicción de lo colectivo, necesitamos una educación empática. Por lo tanto, la finalidad de lo que hacemos en la escuela debería ser formar ciudadanos competentes capaces transformar el mundo. Porque sino…Para que sirve la educación?”


Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Un comentario en “Lanzando disco solidario