Postais de nadal


Fai xa polo menos oito anos que veño facendo esta actividade cos meus nen@s. Penso que o nadal é unha época chea de malas inercias das que escapar (falarei delas nun vindeiro post) e de boas tradicións ou costumes, menos centradas no consumismo, e máis no que eu creo que debería ser o nadal: dar máis e recibir menos.

A actividade da que vos quero falar hoxe é do envío de postais de nadal entre os nen@s de clase. É unha das actividades máis completas e con sentido que fago ao longo do ano. Cada nen@ decide a que outro nen@ lle quere enviar unha postal de nadal. Con esta actividade ademáis de traballar a lectoescritura (escriben para algo, ten un sentido para eles), trabállanse outras moitas cousas: o correo, que é unha postal, onde poñer a direción e o selo, a redación dun texto, pensan que queren dicirlle a o seu amig@, fan algo de plástica xa que cada postal leva un debuxo, as direcións postais, os códigos postais…

Unha vez decidido a que nen@ lle queren enviar a postal, cada un coa axuda do profe, escribe o seu texto e fai un debuxo, este ano con acuarela. Noutra sesión diferente, cubrimos o sobre, escribimos as direcións e os remitentes. Este curso estou cos de cinco, se tiveran tres anos (primeiro trimestre) só me plantexaría que puxeran o seu nome e que fixeran un debuxiño. Os de catro anos farían algo máis e así ata chegar aos de cinco que xa o fan todo o proceso (isto sempre depende do nivel da clase)

Unha vez rematadas as postais, unha mañá desas da última semana de nadal, imos dando un paseo as botamos na oficina de correos do noso pobo.

Pensei moitas veces en facer eu mesmo as postais con cartolina, pero as merco nalgunha ong: UNICEF, SOS GALGOS, MÉDICOS SIN FRONTERAS…

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *