O nadal na escola 1


Fai moitos anos que lle levo dando voltas á cuestión do nadal na escola e espero que esta entrada me axude a reflexionar sobre este momento do ano. Creo profundamente na escola pública. Sei que unha iniciativa privada permite desenvolver outras prácticas e que na pública estás supeditado a outro tipo de factores (inercias dos centros, equipos directivos…) Pero non me vexo noutro lugar que non sexa nunha escola onde estén os meus veciñ@s, onde comparta o meu día a día cos fillos e fillas da xente que vive ao meu redor.

Partindo do meu traballo nun colexio público, xa que traballar nun colexio privado ou concertado sería outra historia, onde os nen@s son de diferentes entornos, culturas, niveis socioculturais, razas e relixións. Vexo a cuestión do nadal como algo persoal de cada familia e non como un tema no que a escola teña que evanxelizar ou marcar tendencia. Se analizo por poñer un exemplo á miña familia e aos meus amig@s máis cercanos, decátome que cada familia, cada núcleo, cada constelación, ten un xeito diferente de encarar e celebrar estas datas. Se miro cara atrás e recordo sobre moitas das familias que pasaron pola miña titoría, vexo que cada unha celebraba e xestionaba o nadal dun xeito distinto. Ante esta gran diversidade, que é a escola pública, ten sentido que se traballe o nadal na escola? de que xeito pode un mestre ou unha mestra enfocar estas datas cando na súa aula ten nen@s que veñen dunha familia católica, outros dunha familia atea, outros musulmana, outros non profesan ningunha relixión pero sí celebran os Reis Magos pero Papá Noél non?

A diversidade nun colexio público é inmensa. Sería axeitado obligarnos a tod@s a celebrar o nadal do mesmo xeito? Eu creo que non. Cada familia, cada constelacións familiar celebra ou non estas datas como lle parece axeitado e penso que a escola debería garantizar o mesmo respeto por todas as creencias e costumes.

Entón, que papel pode xogar a escola? A miña opinión e a de outros moitos profesionais é que a escola debe convertirse nun axente social, nun compensador de desigualdades e nun protector dos seus nen@s. Sei que existe profesorado que non estará de acordo isto. Que me dirá que eles están na escola para ensinar. Todos os anos por estas datas, nas escolas, os nen@s van cos seus titores a visitar a Papá Noel ou a falar con el a través dunha videoconferencia, ou reciben a visita dos paxes ou incluso dos Reis Magos. As actividades son fantásticas e están diseñadas e planificadas por xente marabillosa pero, teñen cabida na escola? non é algo a facer cada nen@ coa súa familia? aprenden algo? Sí, aprenden a ser consumistas.

Que debe compensar a escola no nadal? A industria xoguetera fai o seu agosto nesta época. As cartas a Papá Noel e aos Reis Magos son quilométricas. É unha época de consumo desmesurado, onde dende moi pequenos, os nenos aprenden que o nadal é unha época de pedir e recibir e que a felicidade pasa polo consumo. Moitas escolas públicas realizan charlas e obradoiros para axudar ás súas familias a xestionar esta época.

Existen moitas iniciativas e actividades que deberían predominar nas escolas nesta época do ano. Eu non creo que os nen@s deban escribir a carta aos reis na escola (e o teño feito), paréceme mellor idea escribir unha postal a un amig@ da clase. Facer unha árbore de nadal para decorar a clase (eu fixen moitas) non me parece algo destacado para ensinar aos nen@s da miña clase. Creo que facer algunha acción social (ir cantar ao asilo, recadar fondos ou alimentos para causas sociais, donar algún xoguete) son actividades e accións máis importantes e positivas. Porque cada un celebra o nadal dun xeito diferente pero algo universal é axudar aos demáis, pasar tempo con eles, animámolos nos momentos difíciles e entender que a felicidade non pasa por consumir, senón por compartir: unha merenda, unha panxoliña, unha postal, o tempo de ocio… A escola ten que ensinar outros xeitos, outras alternativas, outros mundos.  


Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Un comentario en “O nadal na escola

  • Glass House

    Totalmente de acuerdo Basi. Podría escribir un ensayo largo sobre lo que creo que deberían enseñar en las escuelas publicas y también sobre como podrían aprovechar mejor la época Navideña, pero ya sabes cual es mi opinion, que, creo, es igual que la tuya…Me alegro que vuelvas a hacer el blog 🙂
    Saludos desde Cadaval! Claudia