Algoritmo ABN: unidades e decenas


Dende o inicio deste curso académico, o profesorado de infantil do meu centro estamos a utilizar este método de traballo das matemáticas en educación infantil, o seu nome é Algoritmo ABN: algoritmo baseado en números (non en cifras). Cos algoritmos tradicionais baseados en cifras, só permiten unha único xeito, a través
da aplicación de instruccións para resolver os cálculos. O ABN da libertad a cada nen@ para resolver do xeito que lle sexa máis cómodo, fácil e comprensible. De seguido déixovos uns enlaces a dous sitios web especializados neste método: 
Hoxe gustaríame compartir con vós unha actividade ABN que lle encanta aos meus nen@s de cinco anos: facer exercicios con palillos. Con ela traballamos o conteo, a relación número cantidade, unidades e decenas, a descomposición do número e sobretodo a pensar e a resolver problemas.
Cada nen@ ten unha cartolina na que vai depositando os palillos ( para máis seguridade eu utilizo palillos romos para facer manualidades) e unha presada de palillos. Comeza a actividade!!!!!! Tedes que ter unha UNIDADE, agora dúas unidades, ….
Podes seguir subindo ata o número dez ou chegados a un número, por exemplo o sete, volves a baixar ata o un e así traballas a “resta”. Cando chegas a número DEZ, explícolles aos nen@s que para máis comodidade eses dez palillos ímolos amarrar cunha goma nun paquetiño e chamarésmolle DECENA.
Cando xa temos unha decena, seguimos engadindo palillos. Agora o trece!!!!!!! Hai nen@s que colocan trece palillos soltos e outros que colocan unha decena e tres palillos (tres unidades). Nalgunha sesión chegamos ata o trinta e unha vez puxemos 100 en paquetiños de dez.
NÚMERO 15
Cando os nen@s levan xa tempo traballando cos palillos (nós levamos un trimestre) podes facer outro tipo de xogos. Propos un número e eles teñen que colocar palillos ou o profesor coloca un número determinado de palillos e os nen@s teñen que dicir que número representa.
NÚMERO 18

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *