A serie numérica con ABN


Dende o punto de vista das matemáticas, unha sucesión é unha función cuxo conxunto de partida é o conxunto de números naturais. Unha función do conxunto dos enteiros naturais nun conxunto de números é unha sucesión numérica. A sucesión numérica máis simple é: 0, 1, 2, 3, 4….

Outros exemplos:

A sucesión de números pares: 0,2,4,6,8…
A sucesión de números primos: 2,3,5,7,11,13…

Dende a máis tenra infancia, os nen@s pequenos chapurrean os números, cousa que aos maiores nos fai moita gracia polo típico: 1,2,4, 7, 21 con xesto de que maior son e canto sei. Polo tanto cando os peques chegan ao colexio (3-6 anos) xa teñen moitos coñecementos sobre este tema.

O currículo de Educación Infantil recolle que o nen@ ten que pasar á seguinte etapa (primaria) sabendo do número 0 ao 10. Delimita dun xeito ilóxico a temporalización dese aprendizaxe: ata o número tres en tres anos, ata o cinco en catro e o resto no último curso de infantil. É ilóxico porque os números están presentes nas nosas vidas e non xurden nunha orde concreta. Un neno de tres anos cumpre catro ao longo do curso, e ao mellor o seu irmán maior ten sete anos e seu pai con corenta anos ten cinco vacas. Estos son  números que lle poden interesar nese intre da súa vida aínda que o currículo diga sen basearse en nada que só debe aprender ata o tres.

Partindo disto, case todo o profesorado de infantil que coñezo, por non dicir todo, traballamos os números segundo sexa necesario ou de interese para os nen@s: xaneiro ten 31 días, a bis que vive con nós na casa ten 87 anos e onte pesou a veterinaria ao meu can e pesa 51 quilos.

Nesta ocasión, gustaríame compartir con vós un novo xeito de traballar a serie numérica que estou aplicando este ano e que aos meus pícar@s lles encanta. O material necesario saqueino da páxina especialidada en ABN ACTILUDIS. Preme na imaxe se queres utilizala:

Antes de comezar, os nen@s e eu coloreamos cada número dunha cor. Despois plastifiqueinas, púxenlles velcro nas esquinas para poder unilas e… A xogar!!!!!!!

O primeiro que facemos ao comezar a sesión de traballo é contar todos xuntos dende o un ata o último número da serie. Despois contan en baixo e por último de novo tod@s xuntos contamos cara atrás.

Outro xogo é dicirlles que poñan a chapa nun número, por exemplo o cinco e teñen que dicirche que número está diante e cal detrás. Tamén contamos de dous en dous. Ao principio un bo consello para os nen@s é dicirlles que conten un número en alto e outro en baixo.

Outra das actividades que realizamos nestas sesións é utilizar dúas chapas. Pon as chapas no número seis. Si das seis saltitos ata que número chegas?

As posibilidades son moitas e o material barato, en vez de chapas podes utilizar calquer outro material de refugallo ou máis natural como pedriñas ou cunchas.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *