Xogando con imanes


O xogo por recunchos é para mín unha das técnicas pedagóxicas de máis relevancia na educación infantil. Para o non experto, os nen@s só están xogando pero para unha mirada entrenada o xogo ou traballo por recunchos ten case todo o que un nen@ desta idade pode desexar: adáptase aos seus intereses, ritmos, diferencias, propicia a interacción entre iguais e sobretodo o gusto por aprender e a iniciativa dos nen@s.

Os recunchos ou recantos son espazos delimitados na clase onde os nen@s, individualmente, en parellas ou en pequenos grupos, realizan simultáneamente diferentes actividades de aprendizaxe. Nos recunchos, os nen@s non só atopan xoguetes ou materiais didácticos, sobretodo atopan posibilidades e propostas de xogo realizadas polo mestr@. É dicir, que o material dispoñible nun recuncho nunca é froito do azar e a súa disposición tampouco. Como dixen ao principio, todo un arte difícil de aprender que todo docente de educación infantil debe practicar.

Estas semanas os meus pícar@s tiveron unha sorpresa no recanto de experimentos. Recuperei un material de imáns que merquei fai moitos anos e dinlle unha voltiña á proposta de actividades que alí atoparon estes días.

Os nen@s poden xogar libremente cos imáns ou seguir a proposta desta semana: cada peque ten un carnet de investigador/a, unha ficha para cubrir e unha proposta a realizar. Esta semana estamos co experimento número 1.

Os peques collen obxectos de diversa natureza e cos imáns proban e contestan á pregunta: ATRÁESE? ou NON SE ATRAE? Unha vez finalizado o experimento e despois de cubrir a ficha plastificada avisan ao xefe de investigadores, un servidor, que comenta con ele/as as cousas que sucederon.

Unha vez que tod@s os peques pasen polo recuncho e fagan o experimento, pasaremos a folla e continuaremos coa segunda proposta do caderno.

Gústalles moito e profe propúsolles moitos obxectos “trampa” que non responden como en principio deberían.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *