Traballando as formas


Ao longo deste trimestre comezamos un percorrido pola formas básicas: cadrado, rectángulo, triángulo e círculo. Comezamos falando delas, manipulando os bloques lóxicos, recortando as formas dunha ficha e despois utilizalas para construir unha figura, uso de reglas para facer as formas… O típico que facemos todo o profesorado de educación infantil: partir do manipulable ata o máis abstracto.

Este curso retomei o uso dun material moi interesante, o xeoplano que aos meus peques lles gusta moitísimo. O geoplano matemático consiste nun taboleiro cadrado, xeralmente de madeira ou outro material resistente. Na parte interna deste taboleiro realízase unha cuadrícula da medida que se precise. En cada unha das esquinas clávanse ou insertan clavos, tachuelas… Sobre esta base colócanse gomas elásticas de cores que se colocan nos clavos formando as figuras geométricas que se desexen.

O primeiro día que tiveron contacto co material fixeron xogo libre como mandan os cánones pedagóxicos da etapa de infantil. Nunha segunda sesión, intentamos facer figuras concretas e incluso algunha composición composta por formas. Despois ao rematar tiñan que intentar reproducilo nun folio. A verdade é que o fixeron xenial. Outro día a miña idea será facer o mesmo e que os nen@s intercambien os folios entre eles para intentar reproducilos. Todas estas actividades poden facerse utilizando unha organización cooperativa da clase:

1. Folio xiratorio: Cada nen@ pon unha goma para intentar reproducir o modelo do outro equipo.
2. 1-2-4: Modelo en papel a reproducir no centro da mesa. Cada nen@ co seu geoplano, collen unha goma e colócana (1), comparan co nen@ do lado (2) e despois todo o equipo (4).
3. Lápices ao centro: Modelo en papel a reproducir no centro da mesa. Cada nen@ co seu geoplano. Primeiro un neno pon unha goma, se todos están de acordo, dan o ok e fan o mesmo e así sucesivamente.

Despois de usar uns días o geoplano, fixemos outra actividade que saiu xenial e que gustou moito aos peques. Consistiu en facer formas xeométricas utilizando trociños de corda e gomets. Unha actividade moi simple pero divertida e proveitosa.

Para finalizar esta entrada gustaríame compartir esta idea que vín trasteando en internet na páxina mama recicla (http://mamarecicla.blogspot.com.es/)

Estou seguro que á miña compañeira Bea vaille encantar. Déixovos tamén o enlace ao blogue de esta superprofe que procura utilizar sempre que é posible materiais naturais na súa aula. Preme na imaxe se queres ver o seu traballo.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *