O azucre nos nenos


Hoxe gustaríame compartir con vós un vídeo sobre o consumo de azucre nos nen@s. Fai seis anos que me fixen vexetariano e iso fixo que comezase un camiño de formación para alimentarme correctamente. Lera o que lera, á marxe de ser vexeatariano, moitos artigos e estudos desanconsellan o consumo de azucre. Fai moitos anos que na miña titoría os meus peques non consumen nada que teña azucre. Nocilla tampouco??? Que radical!!!!! ;)O vídeo que vos deixo é de Juan Llorca, cociñeiro profesional que despois de máis de 18 anos entre fogóns, formou unha das máis prestixiosas escolas de hostelería en España, e dedicouse de cheo á cociña de alto nivel en Valencia e en varias cidades españolas. Compaxinou o seu traballo con diversos estudos sobre alimentación vexetariana, macrobiótica, vegana, infantil, nutrición, terapias manuais e saúde. Actualmente, é responsábel e chef de alimentación da Montessori School (Valencia, España), pioneira en Valencia non só en educación senón tamén en alimentación pola importancia que se lle dá á alimentación infantil no seu comedor escolar.

No vídeo, Llorca fai referencia a estudos e informes da OMS (Organización Mundial para a Saúde). É hora de trocar a nosa idea sobre o azucre, é hora de ser conscientes do que lle damos de comer aos nosos peques.

Si queredes coñecer máis cousas deste cociñeiro… Premede AQUÍ

índice

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *