Proxecto “Os robots”


a0900009-1bcf-4e59-a9d5-a75706ee7c76

Ao pouco de comezar este trimestre comezamos un novo proxecto de traballo: “Os robots”. Recollimos ideas previas, anotamos que queremos investigar e comezamos todo o proceso dun proxecto de traballo: búsqueda de información, materiais, redacción de notas ás familias… Mais hoxe non quero aburrir a ninguén cos pasos dun proxecto de traballo, ademáis de que non son ningún experto, e é mellor aprender de quen sabe. Desta volta, gustaríame compartir os progresos dos meus peques que xa levan tres anos conmigo. Tiñan algo moi claro dende o inicio do proxecto: profe, queremos facer un robot. Que pode haber máis interesante que aprender cousas sobre un tema para acadar un fin?

Fai unha semana comezamos a traballar na idea dun prototipo de robot, o nome deste e as funcións do robot (para que o utilizará a xente). As ideas foron xeniais e non teñen nada que envidiar ás do equipo creativo de Google:

2befbb88-ade7-4172-9271-d21360eafd94

3e266ba7-a70e-4d28-a3ff-d08d5f69d6f5

8863a415-cdc9-4781-b330-87593d514202

b4b5bb72-7066-4a3e-81bb-70b6d6ebafc8
Robot que pasea os cans dos velliños. Tamén recolle cacas

Robot que defende aos investigadores na selva lanzando dardos tranquilizantes

Robot que recolle o que tiran os nen@s do cole. Este sí que lles é útil 😉

Robot bicicleta que anda cando o ciclista se cansa.

Houbo moitas máis ideas:

Robot enfermer@ con algodón nas mans.
Robot cociñer@ que vai a túa casa a facer a comida.
Robot casa no que vives e te leva onde tí queiras. Dispoñible tamén para viaxes espaciais.
Robot fotógrafo de animais salvaxes.
Robot médic@.

As ideas son moi orixinais, creativas e útiles. Á vez que debuxaban o prototipo, os peques comezaban a facer as súas creacións:

56f454ad-0b93-4fe5-8c36-d5431223811b
173bac45-843b-4abf-bf08-51fb0eb6d8b9
Levamos varios días enfrascados nesta tarefa, as horas pasan voando e tod@s axudan a tod@s nos seus proxectos. Que lindo que mundo fora algo parecido a isto. Para a vindeira semana, penso que poderei ensinarvos como quedaron os nosos robots e como imos preparar a expo onde os presentaremos. Polo momento, seguimos desfrutando!!!!!

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *