Materiais de lectoescritura


c046bb12-bb79-4037-bc98-a419534e5619

A semana pasada realicei unha entrada sobre materiais de lóxica matemática “feitos na casa” para o recuncho de mates. Nesta ocasión tócalle a quenda aos materiais que podemos facer os profes para o recuncho das letras. Algúns deles son materiais xerais que valen para escribir calquera palabra e noutros casos son específicos para un tema ou centro de interese concreto.

ABECEDARIO DE PINZAS
49ad4f62-8634-4a4b-948b-5c6aa18b39b7

3
Este material é un clásico. Xa o utilizaba fai doce anos cando comecei en Madrid. É doado de facer, barato e moi intuitivo. Con nen@s de tres, catro anos ven acompañado dunhas tarxetas cos seus nomes para buscar as letras que o forman. Se queres complicalo máis, preparas unhas tarxetas só con debuxos para que os nen@s máis maiores escriban a palabra.

POR QUÉ LETRA COMEZA?

56efe18f-14d9-4a41-9b18-8aaf3fb93994
Este tipo de xogos están xeniais para introducir todas as letras do abecedario e para traballar o seu son. É un xogo de cartas onde se colocan primeiro as letras e debaixo  os debuxos. Por qué letra comeza? Se eres moi currante, podes facer debuxos ou fotos sobre o vocabulario de cada proxecto ou centro de interese.

ABECEDARIO DE CUNCHAS
81c954b6-a479-49f8-a808-932fcd57e4f9
Segue a mesma liña que o abecedario de pinzas pero neste caso con cunchas de berberecho. Este material é de moita utilizade para os nen@s que están “arrincando” a escribir: “imos escribir o nome do teu pai, como se chama?” o profe dalle todas as letras e o nen@ ten que ordealas. Está xenial para axudar aos nen@s a saír da etapa silábica na que normalmente só escriben vogais.

Pódese facer tamén con tronquiños ou pedras.

abecedarios diy con piedras

Imaxe de www.facilisimo.com

CADERNOS TEMÁTICOS

índice2
índice2
Destes fixen poucos pero aos peques lles gustan moito. Neste caso elaborei un caderno sobre marcas de coches xa que teño un grupiño moi motivado co tema. Buscan o logotipo e marca do coche e a colocan no seu sitio. Pódese facer sobre calquera tema e modificar a estructura. A idea é simple: caderno sobre un tema concreto no que traballas imaxes e palabras.

ABECEDARIO CLÁSICO

2

1
Xa para rematar o abecedario clásico, o que nunca debe faltar nun recuncho de letras de educación infantil. Atopei esta caixa tan chula que me permite clasificar e ordear as letriñas.

Para a vindeira semana intentarei facer algo parecido co recuncho de experimentos e contarvos que cousiñas atopan os meus peques cando visitan esta zona da clase

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *