Os nosos robots


índice2

Despois dun par de sesións máis traballando a reo, xa temos listos os nosos robots. Durante a súa realización xurdiron modificacións con respecto aos prototipos orixinais. Algúns nen@s optaron por pintar os seus robots, outros pegáronlle papel de plata e outros fixeron un mix. Eu tiven que controlarme para non intervir máis do necesario nos modelos. Os profes normalmente temos unha idea preconcebida sobre a pinta que debe ter o “producto” final. Se conseguimos ser respetuosos e temos paciencia veremos nos traballos dos nosos peques a súa propia personalidade e non a nosa. Nesta ocasión centreime no importante: non pretendo uns robots marabillosos que queden bonitos e todos iguais, o que quero e que planifiquen, diseñen un prototipo e solucionen os problemas para intentar conseguir o resultado final.

índice

RECOLLE AS CLASES

índice3

ROBOT PODADOR

índice4

ROBOT COIDADOR

índice5

ROBOT MÉDIC@

índice7

ROBOT “PASEADOR” DE CANS

Agora mesmo estamos a tope preparando EXPO ROBOT que se celebrará a semana que ven na entrada do colexio.  Estamos  preparando a cartelería, as invitacións para acceder, o decorado… Cada nen@ cubriu un formulario cos datos do seu robot (nome e funcións) que estarán ao carón do mesmo.  Ademáis disto, cada peque contestou ás preguntas dunha entrevista sobre o seu robot. Estas entrevistas foron subidas á páxina de  Ivoox. Paralelamente creei códigos QR coa aplicación (QR droid) . Cada código Qr (enlace á entrevista de cada nen@) estará ao carón do robot correspondente. Deste xeito, cada familia co uso do seu móbil poderá escoitar a entrevista do seu fill@. Mañá venres colocarei todo cos nen@s e o luns comezará EXPO ROBOT. Xa me tarda!!!!!!

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *