As fichas respectan a individualidade dos nosos peques? 1


10

Hoxe gustaríame compartir unha reflexión con tod@s vós. A semana pasada inmersa toda a clase no lanzamento de EXPO ROBOT 2016, xurdiu a idea de facer unhas entradas ou tickets como atopas nos museos, circos, cines… Coma un resorte, peguei un salto e lles dixen aos meus peques: “ide facendo a asemblea que nun periquete fago eu no ordenador un modelo para tod@s”. Xa estaba co pomo da porta na man cando algo no meu interior faloume: Onde vas animaliño? Son as súas entradas, que as fagan eles, ou teñen que ser coma tí digas? Cambiei de opinión a tempo, fomos á biblioteca e buscamos na PDI imaxes de entradas de museos e exposicións. Fixémonos unha idea global de que tiñan que ter (verdadeiro obxectivo da actividade): o nome da expo, lugar, datas e horarios, unha imaxe ou debuxo alusivo… O resultado final é o que vedes ao comezo desta reflexión. Cada unha é diferente e ten un toque persoal que lle deu o seu diseñador/a. Se eu fixera a ficha que tiña pensado, serían todas iguais, sen personalidade e non sería un traballo creativo. Estou moi ledo do proceso que seguiron e tamén do resultado.

9

Mais traballar deste xeito evoca medos difíciles de superar. Si o teu traballo diario segue esta liña, non tes tantas fichas que “grampar” ao final do trimestre e algunhas das familias dos teus peques dirán: “Con este tío pasan o día xogando”. É importante explicarlle aos nosos pais e nais a importancia de traballar así e que levar un quilo de fichas á casa ao final do trimestre non garantiza os aprendizaxes. Unha idea é facerlle unha foto ao traballo en cuestión (outro exemplo sería un mural feito entre todo@s) e pegala nunha ficha cunha sinxela explicación. Esta ficha xuntarase co resto de follas do proxecto. En canto poida colgarei un slideshare coas imaxes dun proxecto dos que levan á casa os meus peques. É só un exemplo, non son unha marabilla, vín mestr@s xeniais nesta cuestión que o fan mil veces mellor pero así vos facedes unha idea.

12
A reflexión final desta entrada é que o noso día a día debe guiarse polos obxectivos que queremos alcanzar cos peques e co proceso que seguirán. As fichas están ben para certas cousas, pero os proxectos penso que deben ser traballos persoais de cada nen@. Aínda que da mesma temática, non creo que teñan que ser todos iguais. É a nosa labor explicarlle ás nosas familias o por qué de ser así. As fichas non respectan a individualidade dos nen@s.


Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Un comentario en “As fichas respectan a individualidade dos nosos peques?