Xogando coa serie numérica


6

Seguimos traballando coa serie numérica, pero desta vez utilizámola para descompoñer os números naturais. Este exercicio, así como todos os que seguen esta liña de traballo son moi útiles para iniciarse na suma.

Para o xogo de hoxe utilizamos a serie numérica e os palillos. Cóntovos como fixen:

Durante a primeira sesión, os peques utilizaron cada un/ha a súa serie numérica. O profe dí un número e ele/as colocan tantos palillos como sexa necesario. Comezamos sempre por números por debaixo do 10.

5
Despois a cousa vaise complicando e propoño un número de dúas cifras, por exemplo o 15. Nese intre observo as respostas dos peques. Hai dúas solucións válidas: poñer quince palillos ou un paquetiño de dez palillos e cinco unidades. É importante que tod@s vexan as dúas opcións e que entendan que son válidas aínda que unha delas sexa máis rápida e cómoda que a outra. Si probades, veredes que rematan utilizando tod@s a opción das decenas.

3

2
Nunha segunda sesión, na asemblea ou roda de falar que lle chama a miña compañeira Ángela, poñémonos cómodos por parellas e volvemos a xogar. Teñen que poñerse dacordo nas quendas. O profe comeza o xogo e “saca” un número: un dos nen@s da parella coloca os palillos e explícallo ao seu compañeir@ e o segundo da parella é o encargado de explicarllo despois ao resto da clase (así están todos atent@s). Nesta segunda sesión propoñemos números con dúas decenas.

índice
O material é sinxelo e doado de conseguir e aos peques lles gusta moito. Aprender xogando, que máis se lle pode pedir á vida?

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *