Materiais de experimentación en E. infantil 1


1fe91ef5-6991-47b6-b316-c116cf2a1a18

Hai recunchos que sempre atoparás nunha aula de educación infantil: plástica, puzzles, xogo simbólico… e hai outros recunchos, imprescindibles, que plantexan máis dificultades á hora de organizalos e de realizar propostas de actividades. Un deses recunchos proscritos é o de observación e experimentación. Na miña clase os peques o coñecen como o recuncho de experimentos.

29f0f376-5d4a-49bc-8089-b7cdcf5bbd5f

A través del os nen@s desenvolverán o seu sentido da curiosidade e da observación. Isto axudaralles a comprender mellor os fenómenos naturais e físicos. Coa experimentación libre ou coas actividades de aprendizaxe propostas polo profe, os peques aprenderán a deducir, formular hipóteses, prever os resultados, xeneralizar ou simplemente entender o que ocurre ao seu carón.

Coma sempre a meirande parte do material deste recanto será aportado polos nen@s: botes, chaves, vinagre, tapóns… e material cotián que temos nas escolas: clips, regletas, balanzas, xogos de imanes…

6

Como organizo eu este recuncho? Os nen@s (en parellas, este recuncho na miña clase ten un aforo limitado a dous nen@s) poden acceder libremente ao material, salvo que atopen unha proposta temática: auga, imanes, peso, mesturas, observación de plantas… feita polo profe. Nese caso os peques atoparán xunto co material pertinente un caderno coas actividades propostas. Estes son algúns exemplos:

O libro das mesturas

4

Os nen@s atopan unha bandexa chea de “sustancias” coñecidas, un caderno de tarefas, un bote cos carnets de investigador/a e unha ficha plastificada onde anotar os resultados. Trátase de mesturar sustancias e observar que é o que ocorre. A primeira vez, eu fago unha pequena explicación na asemblea para todos os peques que soe ser suficiente para o bo funcionamento do recuncho. Recordade!!! Trátase de xerar autonomía, polo que os nen@s visitarán sós este recuncho igual que fan co resto de recantos.

2

Ao longo da semana tod@s os peques teñen que ir pasando polo recanto de investigación. Cada semana resolverán a proposta de actividade que atoparán no caderno. O primeiro que fan é coller a ficha plastificada e pegar o seu carnet de investigador (velcro). Despois anotan o número do experimento que realizarán e na mesma ficha unha vez realizada a mestura realizan un debuxo co resultado obtido.

3

De novo é  moi importante verbalizar o descuberto. É por iso que temos que buscar un momento ao longo da semana para falar dos resultados deste recuncho.

O libro dos imanes

expe1

Esta que vedes aquí é a primeira actividade proposta no caderno de imanes. O procedemento é igual que co libro de mesturas: coller a ficha plastificada e pegar o seu carnet de investigador , anotar o número do experimento e neste caso ensinarlle ao xefe do equipo de experimentación (un servidor) o resultado do experimento.

281fe715-763d-4006-86b2-67fa8f810ff2

Nesta ocasión ademáis de mateiral de refugallo que podes atopar na casa e no cole, usei un kit de imanes que teño dende fai tempo. É importante romperse un pouquiño a cabeza para poñer obxectos que provoquen a dúbida nos nen@s: chaves dalgún metal que non se imante, obxectos de plastico que recubren cousas de metal…

O libro do peso

Dibujo

Nesta ocasión trátase de facer propostas para comparar o peso de diferentes obxectos. Utilizando unha pequena balanza educativa cada páxina do caderno vai propoñendo actividades diferentes:

Dibujo

Dibujo

Nesta ocasión na ficha palstificada de investigador/a, os peques non  teñen que realizar ningún debuxo, teñen que pegar con velcro os debuxos dos materiais ou sustancias pesadas e usar o símbolos: + – = segundo sexa o caso.

Dibujo

Preparar os cadernos, buscar o material necesario e as fichas de investigador/a leva tempo, pero penso que é o traballo importante que temos que facer. Tardas o mesmo tempo en preparar unhas fichas pero aquí estás potenciando outras capacidades que coa ficha non. Pensádeo un só instante, non creedes que merece a pena o tempo invertido?


Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Un comentario en “Materiais de experimentación en E. infantil

  • Bea

    Si me toca titoría o próximo curso terei tamén un recanto de experimentación. Este curso tiña previsto crear un pero por falta de espazo non conseguín introducilo na aula, e só facemos actividades no “laboratorio” onde todo infantil temos unhas actividades trimestrais previstas para traballar co aire, a luz, a auga, e o magnetismo.