Gamificación no entorno educativo


Dibujo

Gamificación ou Ludificación é o emprego de mecánicas de xogo en entornos, situacións e aplicacións non lúdicas co fin de potenciar a motivación, a concentración, o esforzo, a fidelización e outros valores positivos comúns a todos os xogos. Como conseguilo? O primeiro é identificar os procesos ou actividades que queremos incentivar (mellorar a participación na aula, disminuir o absentismo escolar…) e, despois, aplicar as mecánicas de xogo (niveis, insignias, clasificacións…) máis axeitadas para aumentar a motivación intrínseca do noso alumnado.  Estamos falando dunha nova e poderosa estratexia para influir e motivar que actualmente estase a aplicar en entornos educativos.

Este fin de semana asistín á Gamification Jam Galicia en Pontevedra. Alí, ademáis de pasalo superben e aprender xogando o que é a ludificación participando nunha especie de cluedo onde investigabas un asesinato, coñecín a persoas moi potentes neste ámbito como Aitor Barbosa (por certo, mestre de infantil galego) e a outr@s profesionais implicados e con gañas de cambiar as cousas.

Nesta semaniña de vacacións que nos espera ademáis de descansar e cargar ás pilas quero profundizar nesta interesante proposta metodolóxica. Aínda que en educación infantil ao mellor sen sabelo utilizamos moito a ludificación e o uso de premios e retos (gomets) vexo aplicacións brutais para outros ámbitos menos explorados.

Se alguén está interesado existe unha web ” GAMIFICA TU AULA” e un grupo de profesionais da educación detráis dispostos a trocar as cousas. Preme no enlace se queres ver de que vai. Eu xa estou decidido!!!!

logo_ludi

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *