A tela de araña


tela1

A tela de araña é unha dinámica de cohesión grupal utilizada no aprendizaxe cooperativo. Tras esta metodoloxía xurden valores como a solidaridade, a axuda mutua, o respecto polas diferencias, a inclusión social… Estos valores non medran ou medran mal, como din o seus creadores, en terreos pouco “abonados”: en grupos cheos de tensións e rivalidades, con nen@s marxinados ou non suficientemente valorados. É por iso, que debemos preparar aos nosos peques para establecer fortes lazos afectivos, para crear un bo clima na aula, para establecer unha “conciencia de grupo” (que diferente sería o noso mundo se existise unha conciencia de grupo).

As dinámicas de cohesión grupal son un conxunto de operacións e de elementos que provocan nos nen@s: que se coñezan mellor, que interactúen, que estén motivados para traballar en equipo, que tomen decisións consensuadas… As dinámicas seguindo a José Ramón Lago, Pere Pujolás e ao seu equipo divídense en varios grupos segundo a súa utilidade:

  • Fomentar a participación e o debate.
  • Favorecer a interrelación e o coñecemento mutuo.
  • Facilicitar a inclusión dalgún compañeir@.
  • Mostrar a importancia de traballar en equipo…

Hoxe vouvos falar dunha dinámica chamada a tela de araña, que estaría dentro do segundo grupo. Esta dinámica consiste no seguinte: todos os peques se colocan nunha roda. O docente ten un ovillo de lá e o primeiro que fai é presentarse, dicindo o seu nome e destacando algún aspecto da súa personalidade ou afición. Despois, collendo un extremo do ovillo, lánzallo a un dos nen@s que fará o mesmo que fixo o seu profe. Pouco a pouco, iremos creando entre tod@s unha tela de araña. É importante destacar diante dos nen@s, que TOD@S somos importantes para manter a estructura e que non se rompa.

tela2

Con nen@s de tres anos está dinámica é un pouco complexa xa que por despiste soen soltar a lá e cóstalles manter a atención (sempre dependendo do grupo claro). Pero podedes intentalo de todos os xeitos. Eu fíxena en catro anos con 27 nen@s e este ano en cinco coa metade e vai moi ben. Cando os grupos xa se coñecen, pódese complicar a dinámica: comida preferida, deporte, onde vives, nome do pai, nome da nai… a idea é coñecerse. O nivel máis alto desta dinámica é sen dúbida, unha vez rematada a tela de araña, sen soltar a lá, desenredala recordando o que dixo o nen@ que che lanzou o ovillo. As primeiras veces costa pero despois a cousa vai a mellor.

O traballo cooperativo é para mín unha das mellores apostas que pode facer un docente de hoxe en día. É significativo xa que produce impactos na aula e sobretodo non modifica o xeito de impartir as clases dos docentes. Podes ser un profe de fichas, de proxectos, podes utilizar unha editorial, podes ser de infantil, primaria ou secundaria. O traballo cooperativo adáptase ao teu estilo, é unha ferramenta moi útil que podes utilizar nun instante e que sobretodo funciona.

Moitos entramos no mundo da educación para trocar as cousas, para facer deste, un mundo mellor onde vivir xuntos. Dende que implemento dinámicas e estructuras cooperativas na miña aula, vexo comportamentos, actitudes e estratexias que nunca vira nos peques das miñas titorías. As cousas están a trocar na educación, estás list@ para os cambios. Súbete ao tren do cambio, fai cooperativo na túa aula!!!!!

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *