Proxecto “Os robots”


robotica

Fai unhas semanas “reflexionei en alto” neste blogue sobre si as fichas repectan ou non a individualidade dos nen@s (PREME AQUÍ para recuperar a entrada). Nesa publicación  falei da importancia (só é a miña opinión) de que as follas que forman o proxecto de traballo en cuestión, neste caso “Os robot”, sexan páxinas creadas polos nen@s e non fichas preparadas polos profes. Explícome!!! Imaxinádeme a mín e aos meus pícaros investigando sobre microrobots ou a nanotecnoloxía. Fai un ano, eu prepararía unha superficha chulísima con todo “programado” e coa idea de cómo debe quedar ao final (un produto). Ás veces aínda o fago, está ben, pero temos que buscar o máis óptimo, por iso, agora adico o meu tempo de traballo persoal na casa a buscar enlaces, vídeos, fotos, libros…. e en matinar o xeito de enfocar a clase ao día seguinte (ir á PDI, facer cooperativo…).  A día de hoxe, eu vou á clase con moitas ideas pero coa cabeza aberta ás propostas dos peques. Ao mellor o primeiro día non sae nada, pero se deixas pasar o tempo e aceptas as súas propostas, reforzas a súa iniciativa, a súa autoestima, en definitiva empoderas ao teu alumnado. Seguindo co exemplo da nanotecnoloxía, imaxinade que imos á PDI e buscamos información: lemos algo entre tod@s, vemos un par de vídeos e moitas imáxenes sobre os microrobots. Pasado un rato chega o momento de voltar á clase. Entón temos tres opcións:

A) Facer a ficha que tiñamos preparada de antemán.

B) Nun folio debuxar e escribir sobre o máis significativo (para cada un) do que vimos na PDI.

C) Facer un microrobot.

CAL É A MELLOR OPCIÓN? TIC TAC TIC TAC…

Para mín, a mellor opción é a última, seguida da opción B e da opción A. Cal é o traballo previo a realizar polo mestr@ para cada unha das opcións?

A) FICHA: Preparar unha ficha sobre microrobots pensando que terán que facer os peques nela (recortar, colorear, pegar…) e cal será a solución da mesma (tod@s os peques farán o mesmo e o resultado final será moi parecido senón igual)

ficha_chunga

Exemplo de ficha pechada

B) FICHA ABERTA: Neste caso o traballo previo do docente é seleccionar materiais: vídeos, info, imaxes sobre o tema a investigar. Cada nen@ realiza o traballo en función do que lle foi máis significativo ou chamou a atención. Fai o debuxo, escribe ou fai unha explicación en función da idade e máis tarde na roda de falar (asemblea) explícallo ao demáis porque o senso de investigar sobre un tema é difundir o que descubriches, compartir os coñecementos.

ficha_ben

Exemplo coa visita a un museo

C) FACER UNHA MAQUETA OU PROTOTIPO DO INVESTIGADO:  o traballo previo do docente neste caso é buscar en internet ou poñer en marcha toda a súa creatividade para facer, seguindo o noso exemplo, un microrobot. Planificar que obxectivos buscamos co traballo e como organizaremos a clase para facilitar e sacar máis partido da actividade (traballo individual, cooperativo, en pequenos grupos…)

De seguido poderedes ver o material en papel resultante do proxecto “Os robots”, último traballo dos meus pícaros. Non hai dous proxectos iguais, salvo algunha páxina común, cada traballo leva a impronta do seu investigador/a. Se vos fixades, algunhas páxinas teñen un folio adxunto con información para as familias. Tamén podedes ver códigos QR nos que enlacei vídeos significativos, audios coas entrevistas aos peques, galerías de fotos dos nen@s… É importante que as familias coñezan todo o traballo realizado na clase que moitas veces non se reflexa nas fichas. Espero que vos guste!!!!!

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *