Todos deberíamos ser Amalia


rivas

Claustro do Dulce Chacón. Rivas (curso 2003/04)

O tempo pasa moi rápido e o meus peques fanse maiores. Parece que foi onte cando nos coñecimos e xa están a piques de pasar a primaria. Neste intre síntome coma o pai dunha rapaza de dezaoito anos rodeada de pretendentes. Non me gusta ningún para a miña nena. Eu quero moito á miña nena, e non me gustan as intencións deses rapaces.

Fai once anos eu traballaba en Rivas Vaciamadrid, no colexio Dulce Chacón. Era o meu segundo ano de traballo e vivía no seguinte pobo, Arganda del Rey. Compartía coche cunha compañeira que se chamaba Amalia. Era unha muller de cincuenta e tantos, pelo curto, delgada, cunha longa carreira profesional, moi vital e simpática, como a miña actual compañeira Mª del Mar. Tiven a sorte de compartir moitas viaxes con ela e de escoitala falar nos claustros, unha verdadeira mestra.

Amalia tiña moita antigüidade no centro e era das primeiras en elixir. Recordareino toda a vida. No primeiro claustro de setembro onde se escollen as clases. Moi tranquila e con tono sereno dixo que collía un primeiro. Pero non un primeiro calquera, un primeiro concreto. Todos sabiamos que escollía unha clase difícil. A directora daquel centro, fai tempo que non vexo por estos lares nada parecido, detivo o claustro para destacar a acción da nosa compañeira. Segundo explicou, o primeiro día de cole, Amalia foi ao despacho da directora e preguntou: “dime en que clase hago más falta y esa escogeré”. Podendo escoller unha clase máis doada, escolleu servir de exemplo aos demáis e como profesora experimentada poñerse ao frente da clase máis difícil.

Estas liñas sáenme das entrañas, non as podo aguantar máis tempo dentro de mín. Non comparto en absoluto a actitude do profesorado que durante toda a súa carreira profesional fai eslalon entre as clases máis complexas. Todos pasamos por malos momentos, e non sempre estamos na mellor situación vital para afrontar o que eu chamo “retos”. Pero sempre? Todos os anos escapando de certas clases? Buscando o xeito de elixir a clase máis doada?

Dixen ao principio que me sinto coma o pai dunha linda rapaza á que teño que deixar marchar. Os meus nen@s pasan a primaria. Nestas datas, comeza nos centros o que eu chamo o “Mercadillo das aulas”. É algo incomprensible para mín. Estamos en abril, en vez de pensar como rematar o curso, no meu caso o ciclo, algunhas compañeiras de primaria xa pensan na clase do ano que ven. E comezan as preguntas vomitivas: Que tal é a túa clase? É mellor a túa ou ao do lado? Son bos os teus nen@s? Xa me dixeron que…

Imaxinade esto mesmo en mediciña.  Imaxinade un/ha cirurxán que escapase dos casos difíciles: Muller, sesenta e cinco anos, obesa, ataque ao corazón, necesita intervención inmediata. UMMM???? Que va!! Vaime dar moito chollo e aínda así… que se encargue fulano que é o novo, que se joda que para iso é o novo!!!!

Non sei se é un problema de compromiso, de profesionalidade, de incapacidade ou de humanidade. O caso é que nos coles, aínda queda profesorado que escolle clase en función do boa que sexa e non como Amalia en función do mellor para os nen@s, para o colexio, para a sociedade. Tamén é certo que na súa historia, Amalia non estaba soa, recibiu o aplauso do claustro e apoio da súa directora. Creédeme cando vos digo que moito profesorado se sinte moi só nalgúns centros sen o apoio da súa dirección cando se encarga de certas aulas. É lamentable pero hai xente que non ten visión de centro.

Amalia só hai unha, pero non me gustaría rematar estas liñas deixando unha imaxe negativa dos meus compañeir@s. Nos centros públicos, no meu centro, hai mulleres e homes valentes, persoas con moral e profesionais, que entenden que están no que están para traballar duro e para trocar as cousas. Mestras de infantil que cada tres anos collen de novo aos peques de tres anos, e sempre collen a mesma clase. No meu centro Susi sempre colle aos de A e Mar aos de B. Dalles igual quen veña. Profesorado de primaria acostumado a un nivel que se enfrenta cada dous anos a un novo reto, veña quen veña. Para tod@s eles, un forte aplauso, sodes un faro para os demáis, sodes un exemplo para tod@s. TODOS DEBERÍAMOS SER AMALIA!!!!! Aínda que fóra unha vez na vida.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *