Os plans de equipo na E. Infantil 2


20160404_132100O traballo cooperativo abrangue tres ámbitos de actuación:

  • O ámbito de intervención A, inclúe todas aquelas accións relacionadas coa cohesión de grupo.
  • O ámbito de intervención B, inclúe as actuacións caracterizadas pola utilización do traballo en equipo como ferramenta, como recurso para aprender mellor.
  • O ámbito de intervención C,  no que partindo da base de que, ademáis dun recurso para ensinar, o traballo en equipo é un contido a ensinar, no que se inclúen as actuacións encamiñadas a ensinar ao alumnado a traballar en equipo.

Nesta web podedes atopar unha pestana adicada ao traballo cooperativo onde a modo de índice veredes actividades cooperativas. Nese apartado predominan as dinámicas de cohesión grupal e as estructuras cooperativas que corresponden ao ámbito A e B respectivamente. Mais hoxe nesta entrada, quero falarvos do ámbito, en concreto dos Plans de equipo.

O plan de equipo é unha declaración de intencións, un pacto entre os membros dun equipo, encamiñado hacia a consecución duns obxectivos individuais para co equipo e dun obxectivos comúns. O plan de equipo consta dunha serie de documentos que o conforman e que se recollen no caderno de equipo:

  1.  Nome dos integrantes do equipo.
  2.  Nome do equipo.
  3.  Cargos que desempeñan cada un dos membr@s do equipo.
  4.  O Plan de equipo
  5.  Os diarios de sesións.
  6.  As revisións periódicas do plan de equipo.

Póñovos un exemplo. Comeza o terceiro trimestre e comezo un novo PLAN DE EQUIPO que terá unha duración dun mes. Como coincide que cambiei os equipos de traballo, estes cubren as follas de rigor que conformarán o seu CADERNO DE EQUIPO. En primeiro lugar, o nome do equipo ( a mín gústame que fagan un logo tamén) e o dos seus integrantes.

20160404_132205

Cada peque escribe o seu nome e mediante un folio xiratario propoñen varios nomes para o equipo elixindo un entre tod@s. Toda esta información queda recollida nunha folla que vedes na imaxe e que formará parte do Caderno de equipo.

20160404_132218

Outro día, os nen@s escoitan do profe o nome do cargo que desempeñarán no seu equipo así como qué teñen que facer. O número de cargos por equipo, así como as súas funcións son determinados polo titor/a. De seguido vos deixo un exemplo da miña clase de nen@s de cinco anos:

cargos

Unha vez que están claros os equipos, o seu nome e os cargos que desempeñan cada un dos peques, comezamos o Plan de equipo cubrindo a folla pertinente. Nela recóllense os obxectivos de equipo (xerais para todos os equipos) e os obxectivos individuais (propostos para cada nen@). Este últimos deben ser moi concretos. Por exemplo, si un neno fala pouco o seu obxectivo non será: Falar máis, senón dar a opinión en cada rolda.

plan3

Cada certo tempo, a determinar polo profe, despois de traballar en cooperativo realizaremos o que se chama DIARIO DE SESIÓNS no que se avalia o desenvolvemento do Plan de equipo.

plan4

Todo isto tería un temporalización. En amarelo o inicio e o fin do Plan De Equipo e en azul os Diarios De Sesións. A seguinte temporalización é só un exemplo:

plan

Os documentos a cubrir non inicio do Plan De Equipo son os que seguen:

exmplo

Cada semana (no meu caso) avalio o Plan De Equipo a través doutra ficha, é o que lle chaman o Diario de Sesións:

plan2

É o Ámbito C e os Plans de Equipo, os que realmente colocan ao traballo cooperativo nun lugar de honor. É a capacidade de autoavalición, de retroalimentación que teñen os nen@s o que realmente fai desta unha gran ferramenta. O traballo cooperativo co seu Ámbito C, empoderan aos nen@s ao ser capaces de reflexionar sobre os seus avances e sobre que obxectivos queren cumprir.

De seguido, déixovos un pdf cos modelos de Plan de equipo que víchedes neste post. Son do meu amigo Yago Cadarso do CPI de ATIOS en Valdoviño.

PLANS_EQUIPO


Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 Comentarios en “Os plans de equipo na E. Infantil

    • oprofebasi Autor

      Ola Lois!!!

      Estudarei o xeito de poñer un pdf ou similar ao final desta entrada coa documentación que utilizamos os de infantil no meu colexio. Xa te aviso!!!!
      O da visita paréceme xenial, falamos e cando nos veña ben pasas polo cole. Sería un pracer!!!!