Grabando historias cos Story Cubes


1Fai unha semana faleivos dos Story Cubes e dos usos que os peques e máis eu lles damos na clase (Preme AQUÍ para recuperar a entrada). Desta volta vouvos falar doutro xeito que está a causar sensación entre os meus nen@s: A grabación de historias co móbil do profe.

Dicir que os nen@s de hoxe en día son tecnolóxicos non é dicir nada novo. Son outra xeración que se adapta dun xeito brutal a todo o que ten ver co tecnolóxico. Fai unha semana ensineilles como utilizar a grabadora de voz do meu móbil, como facer unha foto e como editar o nome dos arquivos. Os Story Cubes están no recuncho das letras. É raro o día que un peque non ven ao meu carón para pedirme o móbil. Eu despreocúpome, podo facer outras cousas ou adicarme a axudar a outros nen@s mentras graban as historias e fan as fotos.

De seguido poderedes escoitar algunhas destas historias. Son só unha recompilación, non son as mellores nin as máis orixinais. Teño tantos audios que o móbil está a punto de “petar”. Espero que vos gusten!!!!!

magoooUN MAGO

reinaLA REINA

musicoO MÚSICO

omagomaxicoO MAGO MÁXICO

flechaLA FLECHA

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *