Ken Robison e o cambio de paradigma


 

sir-ken-robinson

 

Hoxe é martes. Os martes pola tarde teño exclusiva (reunións no colexio). Hoxe por encima tiven claustro que é  do peor que podes vivir no meu colexio e agora teño gañas de estoupar.  Cando saio deles teño unha mestura de emocións: ira, frustración, tristeza, admiración, esperanza…  Non vou a contar do que se fala nos claustros do meu colexio pero é rara a reunión na que non se produce unha loita de forzas entre dous tipos de escola que conviven nun mesmo centro. Unha escola viva representada  por un tipo de profesorado que participa nas actividades do seu entorno (Os maios, actividades propostas pola Biblio Municipal…), que celebra os eventos importantes do ano con actividades significativas (magosto, Letras Galegas, Convivencia na praia…) ou que mostra o aprendido polo seus nen@s nun proxecto de traballo a través dunha exposición (Plan de Documentación Integral da biblioteca escolar).  En contraposición, atopamos unha escola aburrida,  decadente e ferida de morte, reprensentada por un profesorado retrógrado e pouco preparado que pensa que o único importante na escola é impartir dúas materias:   matemáticas e lingua e para os que asistir ou participar neste tipo de eventos e actividades é unha perda de tempo.  Os recoñecerás pola  cantidade inxente de deberes que envían aos seus alumn@s. Os recoñerás por ir cargados ata os topes con carpetas e libretas para correxir na casa, correcións que non valerá para nada máis que para frustrar ao seu alumnado. Os recoñecerás polos seus argumentos trasnoitados sobre a  importancia da caligrafía, o agarre do lápiz e a división entre o alumnado que vale e o que non. Cando o equipo directivo dun centro está entre este tipo de profesorado a situación é catastrófica.

Dende fai un ano, cada vez que vivo esta situación non meu colexio, acórdome dun vídeo que vín a comezos deste curso: “Las escuelas matan la creatividad” de Ken Robinson (Preme no nome).  Británico, doutor da Universidade de Londres e experto en innovación, calidade da educación, creatividade e recursos humanos. No ano 2003 foi nomeado sir, pola raíña Isabel II, pola súa defensa da introducción do arte no currículo. Xunto co anterior vídeo, atopei o que de seguido vos deixo que  explica xenial de onde ven o actual modelo de escola e cara onde vai o novo paradigma educativo. Ken Robinson representa esa escola viva que educa dun xeito integral aos seus nen@s. Unha escola que educa para a vida e pola vida.

 

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *