Proxecto: “Protexemos a praia”


 Fai un par de semanas comezamos un novo proxecto de traballo. Todo comezou por unha nova que vimos no xornal: uns nenos retirando un neumático da praia nunha actividade de Voz Natura. Chamoilles a atención, a mín encántame o tema, así que nos puxemos en marcha. Tamén hai neumáticos e basura na praia de Morouzos? Hai golfiños que morren en Ortigueira pola basura do mar? Como en todo proxecto, recollimos ideas previas, anotamos nunha listaxe o que queremos saber e comezamos a investigar.
Mais hoxe quero falarvos do que estamos a facer esta semana. Trasteando en internet, descubrimos o trailer dun documental que eu xa coñecía: MIDWAY. Foron case catro minutos de silencio total ante o impacto das imaxes. Ao rematar, un dos nen@s dixo: ¿pero nacen más no? Este documental gañador de varios premios recolle o traballo de Chris Jordan, artista de Seattle coñecido polos seus traballos, que representan o consumismo nos Estados Unidos. En MIDWAY, recolle imaxes escalofriantes sobre a morte de miles de albatros nunha illa do océano Pacífico polo consumo do plástico que os humanos tiramos ao mar. midway
Despois de ver o curto, eu díxenlles os nen@s que nós podiamos facer moitas cousas para salvar aos animais do noso planeta. Pregunteilles: pensades que é bo que a xente de Ortigueira coñeza este problema? A resposta foi afirmativa, así que lles propuxen facer uns carteis e pegalos polo pobo explicando a problemática. Cada nen@ fixo o seu, como mellor lle pareceu e escribiu unha frase protesta. O profe creou un código QR co enlace do vídeo MIDWAY. Se vos fixades cada cartel é diferente, respectando a creatividade e a individualidade de cada un dos peques.
Hoxe pola mañá fixemos unha estructura cooperativa chamada FOLIO XIRATORIO. Cada equipo realizou unha listaxe dos locais, comercios e tendas onde queremos pegar os carteis. Temos unha listaxe de quince locais. Mañá planificaremos un ruta para pegar os carteis. Cada nen@ terá un mapa de Ortigueira en DIN-A3 e coa axuda de google maps ordearemos os locais de maior a menor proximidade do colexio.
De seguido vos deixo cos carteis que as vindeiras semanas axitarán as mentes dos habitantes de Ortigueira. Espero que cumplan o seu cometido!!!!!

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *