O poder da educación


professor-Rezaul-Karim-Siddique

O domingo pola mañá lín a nova no xornal: ” Asesinado un profesor universitario en Bangladesh en un aparente ataque yihadista”. O profesor Rezaul Karim Siddiquee de 58 anos de idade foi asasinado por defender un ensino laico no seu país. Igual que el, outr@s moitos e moitas foron e serán asasinados por todos os recunchos deste planeta por unha única e poderosa razón: “A educación é o motor do cambio”.

Dende o inicio dos tempos, todas as sociedades e civilizacións entenderon da importancia da educación como medio de transmisión da propia cultura pero só para os estractos sociais máis elevados. Dando un salto de xigante, foi no século XVIII cando se extendeu esta idea pero hacia toda a poboación. Hoxe en día, vemos con estupor como ningún partido político é capaz de xerar unha lei “universal”, para tod@s, que garanta unha educación laica, aconfesional na que teñamos cabida todos, sexamos da cor, relixión ou clase social que seña. Seguen utilizando as Leis de educación para transmitir as súas ideas e as súas doctrinas. A Lei Wert é un bo exemplo diso. De seguido, déixovos un vídeo que desenvolve moito mellor esta idea.

 

O domingo morreu un mestre por defender un ensino plural e aberto a tod@s. Matárano porque o laicismo en oriente medio significa: libre pensamento, igualdade de xénero, educación para todos, ciencia e non creencia. En Occidente “ELLOS” como dí o vídeo saben moi ben que tipo de cidadáns queren para perpetuar o seu sistema: persoas productivas e “non pensantes”. En serio queremos iso para os nosos nen@s???

Mestras e mestres!!!!! que profesores como Rezaul Karim non morran por nada. Non olvidemos o poder do noso traballo e asumamos a responsabilidade que iso leva consigo.

fbf2f7f6cb45d71f346ce8516ec48a65

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *