ClassDojo na Educación Infantil


dojo

Coñecín a súa existencia fai un par de meses e tiña moitas gañas de probalo. ClassDojo é unha ferramenta que nace co obxectivo de permitirlle ao docente  administrar a súa clase en base a puntuacións sobre o comportamento dos nen@s, ofrecendo unha interface aberta, moi atractiva e sinxela de usar. Ademáis é tuneable a tope para as necesidades de cada aula, materia e mestre. ClassDojo permite gañar puntos positivos ou negativos, é decisión do docente se elixe ambas ou coma mín, só premia as accións positivas. De seguido, paso a falarvos da miña curta pero divertida experiencia con ClassDojo.

O primeiro paso a realizar é descargar a aplicación (preme AQUÍ), no meu caso utilizo unha tablet (pena dunha PDI na clase). ClassDojo é moi sinxelo e intuitivo.  Creas unha clase (Clase de Basi), introduces os nomes dos teus peques e lles asignas un abatar.

 

3

O seguinte paso é seleccionar que accións queres premiar nos teus peques. No meu caso eu comentei con ele/as que cousiñas pensaban que tiñamos que mellorar como clase: falar máis baixo, escoitar aos demáis, camiñar en orden, recoller… Podes poñer cantas queiras e asignarlles unha imaxe. Así por exemplo, se eu vexo que un nen@ axuda a outro, falo con el  e pídolle que se poña un punto por axudar.

 

4

 

ClassDojo permite seleccionar a toda a clase ou a varios nen@s á vez para poder asignarlles un punto. Se queres premiar a toda a clase porque están falando nun tono axeitado non tes que facelo un por un, podes asignar un punto a tod@s. O proceso é moi sinxelo, premes no botón CLASE (no meu caso faino o encargad@)….

 

2

 

Unha vez marcado (CLASE), aparece un popup onde atopas as acción a premiar. Só tes que premer e punto para tod@s!!!!!

 

8

 

Outra das grandes opcións que permite ClassDojo é informar ás familias en tempo real dos positivos conseguidos polos seus fill@s. Basta con introducir o correo de cada familia no apartado destinado e poderá facer un seguimento do seu peque. ClassDojo permite manter comunición coas familias a través dun chat privado.

 

Dibujo

Outra das cousas alucinantes da aplicación, xenial para as clases que fan traballo cooperativo é que permite crear equipos. Dun xeito moi sinxelo, escribes tí ou os peques o nome do equipo e lle asignas os seus membros. Daslle a aceptar e listo. Aos nen@s lles encanta porque o logo de cada equipo son os seus abatares xuntiños nunha mesma imaxe “eu son este!!!!”. Como non, esta opción é xenial xa que podes poñer puntos a todo o equipo por realizar as tarefas ben, realizar ben os cargos…

 

d

Como vedes, ClassDojo permite GAMIFICAR OU LUDIFICAR a clase xa que podes establecer uns premios que os nen@s poden trocar polos seus puntos. Eu aínda estou no proceso pero dou pasiños pequenos e por exemplo, os nen@s que conseguen nun día 5 puntos, conseguen “A CAPA DE INVISIBILIDADE” coa que no ratiño do xogo por recunchos poden xogar sen tarxeta onde queiran, cousa que lles alucina. Outros mestres deixan que os seus alumn@s xestionen os seus puntos. Poden gastalos á primeira de cambio, ou xustar puntos para conseguir un premio máis goloso. Aquí vos deixo un exemplo:

 

Slide3

Eu penso que os premios non deberían ser materiais (chuches), senón otorgar privilexios como o de xogar sen tarxeta aos recunchos, ir facer as fotocopias toda a semana, levar algún dos contos do profe para casa…

Isto é só un pequeno titorial desta aplicación onde presentei os seus pros. En contrapartida, teño que recoñecer que é unha arma de dobre fío. Creo que debemos ensinarlles aos nen@s que as boas accións fanse porque son correctas e non polos premios. Fai anos se lle preguntabas a un dos meus pícaros porque non se xoga no baño, diríache “porque se enfada Basi”, cousa que me daba moita vergoña. Aprendín a explicarlles o porqué das cousas e hoxe en día dín “porque o baño é para lavar as mans” ou “molestamos ao resto”. Por iso, son partidario de usar ferramentas como ClassDojo para reforzar e recompensar as accións positivas que previamente foron explicadas polo mestre e entendidas polo nen@. Por outra banda, non contemplo a posiblidade de usar ClassDojo para que os meus nen@s compitan entre sí, senón para que poidan mellorar cada un ao seu ritmo.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *