Pegada de carteis pola Vila


4

O pasado venres, os meus peques, a miña compañeira Loli e mais eu, saímos do centro para realizar unha pegada de carteis por toda a Vila. A nosa idea foi a de difundir un vídeo (MIDWAY) que atopamos na rede sobre a contaminación nas praias e a morte de miles de animais.

As últimas semanas andivemos adicamos á preparación dos carteis e tamén á selección dos locais e tendas onde pegaríamos os carteis. O primeiro que fixemos foi realizar unha sesión de traballo cooperativo onde facendo un FOLIO XIRATORIO decidimos a que locais levaríamos os nosos carteis. Entre todos fixemos unha listaxe de máis de quince locais.

 

3

 

Ao día seguinte na biblioteca do cole (PDI máis cercana) e coa axuda de google maps, fomos localizando nun mapa DIN-A3 feito polo profe cada un dos locais elixidos. A secuencia foi a seguinte: localizar local, poñer gomets e escribir o nome do sitio. Este traballo levounos dúas sesións.

 

2

 

Por último, cada nen@ uniu os puntos cun rotulador xa que cada gomet representaba un local do pobo. Deste xeito, visualizamos a ruta que faríamos o venres.

 

 

7

Así, despois de tanto traballo chegou o gran día. Organizados en parellas, os peques levaban un cartel e unha idea do que dicir ao chegar aos establecementos: pastelarías, panadería, mercado, centro de maiores, cafeterías, librarías e a Biblioteca Municipal.

 

6

55

Estou moi contento coa actividade e coa participación dos peques. Moitos deles quixeron facer máis carteis para pegalos en locais máis lonxanos do cole (Cuíña, San Claudio…) É difícil avaliar o impacto desta acción na poboación do pobo pero o proceso seguido polos nen@s foi moi enriquecedor e o seu nivel de implicación foi total. Seguimos na loita, isto non fixo máis que comezar!!!! Os meus peques e máis eu aínda temos máis ideas para desenvolver este proxecto.

 

Dibujo

Graciñas a Mª José e a Mónica pola súa axuda!!!!!

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *