Debuxando historias cos Story Cubes


2

 

Pasadas varias semanas da súa chegada, os meus peques seguen entusiasmados cos Story Cubes. Non hai día que algún dele/as non me pida o móbil para grabar o audio dunha historia. É tamén raro atopar a un nen@ só, normalmente xúntanse en parellas, ou tríos. Case sempre inventa a historia un deles e despois lle toca ao seguinte, pero as veces narran a historia cooperativamente e ao profe caelle a baba.

 

Desta volta quero presentarvos outro xeito de utilizar os Story Cubes. Se lle botades un ollo a súa páxina web, veredes que moitas persoas envían as súas creacións: lanzan os dados e nun debuxo condensan toda unha historia. Un exemplo vale máis que mil palabras:

 

basito

 

Así que me dixen: Basi, os teus peques son capaces seguro!!!!. Propuxen a actividade, e este é o resultado. Espero que vos guste!!!! Só houbo un fallo, e foi culpa do profe, transcribir a historia de cada nen@ para adxuntala co debuxo pero non deu tempo para máis.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *