Estructura cooperativa: 1-2-4


D

Este fin de semana falei coa miña amiga Raquel sobre este blogue. Díxome que lle gustaba moito cando falaba de cooperativo pero que saía moitas veces a estructura Folio Xiratorio e que parecía que non había ou utilizaba ningunha máis. Así que voulle facer caso e  hoxe falareivos doutra estructura que utilizo moito chamada: 1-2-4

A estructura 1-2-4 utilízase para plantexar unha pregunta, cuestión ou problema a todo o grupo clase. O mestr@ entrega ao alumnado organizado en equipos de cooperativo unha plantilla con tres cadros: situación 1, situación 2 e situación 4 para que anoten as respostas. Dentro de cada equipo, individualmente, cada nen@ contesta a pregunta e a escribe no cadro 1.

 

a

Despois poñen en común o escrito co compañeir@ do seu lado (situación 2).

 

b

Comproban que están de acordo e entón (situación 4) o poñen en común tod@s os membros do equipo.

 

c

Ata ahí a teoría pero agora chega a pregunta do millón: E COMO FAGO ISTO EN INFANTIL? Aos mestres e mestras desta etapa tócanos tirar de creatividade e adaptar as estructuras cooperativas aos nosos peques. Por sorte, xa hai moito traballo feito e ideas na rede.

É importante decatarse que o traballo cooperativo é unha ferramenta que se adapta xenial a calquera situación ou práctica educativa: libro de texto, fichas, caderno, traballo por proxecto, ferramentas TIC… Hoxe poñeréivos de exemplo unha estructura 1-2-4 cunha simple ficha das que facemos tod@s en infantil.

Como xa saberedes, na miña clase estamos realizando un proxecto de traballo sobre un tema ambiental (PREME AQUÍ). Neste intre estamos aprendendo cousas sobre a reciclaxe. Pois ben, hoxe pola mañá tocou a típica ficha (desas que tanto critico) sobre este tema. Pero nesta ocasión, fixémola organizados en equipos de base.

 

1

Cada nen@ tiña un folio DIN-A3 onde previamente pegou tres contenedores: un azul, un amarelo e un verde. Colorearon e escribiron o  material que se bota dentro. Un vez feito isto, comezamos a estructrura: O profe foilles dando debuxos de material para tirar ao lixo: EN QUE CONTENEDOR O TIRAMOS? Os pasos da estrucutura 1-2-4 foron os seguintes:

1. Cada nen@ coloca o debuxo nun contenedor.

2. Por parellas comproban se están conformes coa resposta.

4. Por último, todo o equipo comproba que están conformes.

 

5

Dúas nenas no paso 2. Comproban que están dacordo. O xornal vai no contenedor azul non?

Como vedes é unha ficha sinxela, sen moita ciencia pero á que se lle deu un xiro diferente utilizando a estructura 1-2-4. Puidemos facela individualmente pero deste xeito os nen@s aprenden máis e traballan outras capacidades. Outros exemplos para utilizar a estructura 1-2-4:

En exercicios de LÓXICA MATEMÁTICA onde só exista unha solución ou resultado, por exemplo:

1) Facendo sumas.

2) Xogando coa serie numérica ABN (PREME AQUÍ).

3) Xogando coas unidades e decenas (PREME AQUÍ).

4) Facendo seriacións.

 

En exercicios adaptados aos peques de infantil para a COMPRENSIÓN de contos:

1) Despois dun conto, sinala na lámina quen comeu a Carapuchiña.

2) Ordear as secuencias dunha historia ou conto.

 

Como vedes é cuestión de imaxinación e creatividade, adaptar as estructuras cooperativas as nenas e aos nenos de infantil.  O noso traballo como docentes vólvese máis atractivo e sobretodo máis valioso porque deixamos de ser o centro do universo. A aprendizaxe non depende só de nós, senón das interaccións dos nosos peques. O noso traballo está en propiciar situacións e entornos educativos. Despertar interés e gusto por aprender.

 

Dibujo

 

 

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *