27 de maio: Limpeza da praia


20160511_101511

Como auga de maio, chegou a gran nova sobre a organización dunha xornada de recollida de lixo das praias do Ortegal organizada pola Fundación Ortegalia. A actividade propúxose para o alumnado menor de 12 anos, cunha charla informativa previa á saída sobre a problemática do lixo no mar o propio día do evento.

 

Os meus peques recibiron con xúbilo a nova e puxéronse moi contentos. Pregunteilles: “queredes ir?” xa vos imaxinades cal foi a súa resposta. “Podemos facer algo para axudar?” Comezaron a erguerse mans por todos os lados, así que foi necesario recoller todas as ideas nun documento.

 

20160511_101518

Organizados en grupos de traballo, desta vez tirados no chan, “profe estamos cansos da excursión de onte”, e utilizando a estructura cooperativa Folio Xiratorio, escribiron unha listaxe de cousas que poderiamos facer para axudar na actividade.

 

20160511_101400

 

Entre os catro grupos de cooperativo foron capaces de crear oito grandes ideas para colaborar e axudar no evento do día 27 de maio. Algunhas destas ideas como podedes ver deseguido están enfocadas ao propio día da recollida e outras a como conseguir máis xente para o evento.

 

Dibujo

Despois da escribir, cada equipo a través do seu secretari@ expuxo aos demáis equipos as súas propostas. O profe foi escribindo no encerado todas as ideas que despois foron plasmadas noutro folio que se adxuntará fotocopiado no dosier que os peques levarán para casa.

 

20160511_114243

Como vedes as ideas son xeniais. Decidimos comezar polo vídeo protesta para mover conciencias e animar a máis xente para a recollida da praia. A idea do profe, facer unha curtometraxe en stop motion con bonecos de plastilina ou con debuxos. Xa vos teremos informad@ s!!!!

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *