Preparando un Stop motion


20160512_134300

Este final de curso está a ser moi emocionante. A pesares do cansancio típico a estas alturas do curso, tod@s temos unha ilusión tremenda pola realización deste proxecto “Protexemos a praia”. A finais deste mes, o venres 27 de maio participaremos nunha actividade organizada pola Fundación Ortegalia. A primeira parte da xornada estará adicada a unha charla “Contaminación mariña: un problema de todos” a cargo de Fran Nieto e a segunda parte á limpeza do areal de Morouzos. Soliciteilles a Marta e a Emma da Fundación Ortegalia a posibilidade de que os nen@s da miña clase participasen brevemente (5 minutiños) na charla do inicio e lles pareceu unha boa idea. Así que puxémonos mans á obra e estamos a preparar un curto en STOP MOTION. Hoxe quero abrirvos unha ventá aos preparativos deste curto, o making of do noso Stop motion.

índice

O Stop motion segundo a wiki é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movimento de obxectos estáticos a través dunha serie de imaxes fixas sucesivas. Stop motion é un anglicismo que penetrou na nosa lingua recientemente. Coñécese tamén por fotoanimación, animación en volumen, parada de imaxe, paso de manivela, animación foto a foto, animación fotograma por fotograma ou animación cadro por cadro, por citarvos algúns exemplos.

O primeiro que fixen no cole, foi ensinarlles aos peques un par de exemplos incluído unha pequena produción que fixen eu na casa para familiarizarme coa ferramenta (teño que recoñecer que o pasei xenial). Gustoulles moito a idea e decidimos darlle para diante.

 

20160513_110056

Nunha segunda sesión, sentadiños na asemblea inventamos entre todos unha historia que sería o guión da nosa curtometraxe. Cada nen@ foi poñendo o seu gran de area e pouquiño a pouco e coa axuda do profe a historia foi tomando forma ata que foi do agrado de tod@s.  De seguido e sen máis tempo que perder, dividín a clase en zonas de traballo. En cada zona, unhas tarefas para facer, así os peques traballaron na que máis lles motivou: facer as palmeiras, o decorado, os animais a rescatar, as lanchas, os nen@s…

 

20160512_104558

Cando organizo así a aula e os peques traballan nun obxectivo concreto (pasoume igual facendo os robots) o tempo pasa voando e ninguén se acorda de xogar aos recunchos e só a famiña e as gañas da merenda deteñen o noso frenesí creador. Cando isto sucede sinto unha sensación difícil de explicar e desexaría poder grabala na miña memoria. Víchedes a película “Del revés”?, sen dúbida son bolas verdes na miña memoria.

 

20160512_111116

20160512_111112

20160512_111255

20160512_111305

20160513_140831

Xa temos todo listo. Á volta destas minivacacións, comezaremos coas grabacións. A miña idea é que cada equipo de cooperativo (3, 4 nen@s) coa xuda do profe, movan as personaxes do curto mentres o profe manexa a cámara de fotos. Nunha seguinte entrada contareivos que programa utilizarei para montar todas as fotos e facer o Stop Motion.

Aquí vos deixo a proba que fixen esta semana. Non vos imaxinades o ben que o pasei!!!!!!

 

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *