Ciencia e escola: binomio gañador


NEUROEDUCACIÓN

A primeira vez que escoitei a idea de ciencia aplicada á educación foi fai dous anos da voz de Ramón Flecha (outro día falareivos del). O concepto de ciencia=medicina é máis extendido pero, ciencia=educación?. Este catedrático de socioloxía dicía nas súas ponencias que en educación actuamos por ocurrencias en vez de actuar por evidencias científicas. Pouco a pouco a cousa está a cambiar. No seu polémico libro “Despertad al diplodocus”, José Antonio Marina fala da necesidade de crear unha “Ciencia de la Evolución Cultural y del Progreso Educativo”.

Para o profesorado que creemos que o sistema educativo é obsoleto e que loitamos cada día para cambialo, é moi difícil argumentar porqué fas as cousas que fas. Porqué o que tí fas está ben e non o que se leva facendo toda a vida. É difícil argumentar e convencer ás familias de infantil que se o seu peque non pasa lendo á primaria non pasa nada. Por sorte, pouco a pouco a ciencia comeza a darnos a razón con argumentos sólidos a todo o profesorado que loita por unha educación diferente, máis respetuosa coa natureza do nen@.

Hoxe quero compartir un con vós un vídeo que con argumentos científicos defende:

  1. O RESPECTO POLOS RITMOS NATURAIS DA INFANCIA.
  2. O USO DO TRABALLO COOPERATIVO NA AULA.
  3. A SUPRESIÓN DOS EXAMES TAL E COMO OS ENTENDEMOS.
  4. O DEREITO DO MENOR A NON ESTAR CINCO HORAS SENTADO.
  5. O USO DO TRABALLO POR PROXECTOS.
  6. O DEREITO DO NEN@ A TER TEMPO DE LECER.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *