Chiringuito de gomets


20160524_112119

Hoxe quero compartir con vós unha actividade moi divertida, completa e didáctica que me ensinou o meu amigo Yago Cadarso, tamén mestre de educación infantil, a quen a súa vez lle ensinou outra mestra. A nosa profesión vai moi ligada ao compartir e á reflexión conxunta entre mestr@s. A actividade chámase  Chiringuito de Gomets e como o seu nome indica, trátase da compra-venta de gomets para a realización dunha ficha proposta polo profe aos seus peques.

 

20160525_103410

Vou por pasos. Cada nen@ recibe unha plantilla plastificada con gomets de diferentes cores e formas. A mín ocurríuseme (colleita propia, adaptar as actividades é tamén moi da nosa profesión) clasificar as plantillas por niveis de dificultade: 1º nivel, 2º nivel… (os nen@s non o saben pero a cada quen lle dou a do seu nivel).

 

20160525_103405

Xunto coa plantilla plastificada o nen@ recibe un folio cun cadro como o da plantilla pero valeiro. Debaixo ten espacio para escribir os gomets que necesita. Funciona como unha lista da compra. Só hai unha supermáxima que rixe todo: NON PODEMOS FALAR CO PROFE. SÓ SABE LER O QUE ESTÁ ESCRITO. Entre eles sí que falan e eu dou puntos en Class Dojo por axudar aos amig@s.

20160525_103254

Segundo rematan de escribir, acércanse á mesa do profe, cheíña de gomets de cores e lle entregan a súa lista. O profe lee o pedido e lle entrega os gomets. Ás veces non explican a cor do gomet, outras o número de gomets, a forma… e teñen que voltar á mesa a darlle á cabeza. As primeiras veces é bo axudarlles.

Como podedes ver nas imaxes, os nen@s utilizan diversas estratexias para facer o pedido: escribir todo, escribir o número debuxar a forma e escribir o nome da cor… Creo que os mestr@s debemos reforzar esas iniciativas e non penalizalas. Aínda que non sexa o que como profe tiñas en mente nese intre. Ao mellor, o próximo é bo que lle especifiques mellor o que queres que faga.

Ver estas estratexias tan intelixentes fíxome pensar. Sabedes que eu este ano teño nen@s de último de infantil, cun nivel moi bo. COMO PODEMOS ADAPTAR ESTA ACTIVIDADE A TRES E CATRO ANOS? As fichas adaptadas poderían ser do seguinte xeito:

ficha3

PARA OS PEQUES DE TRES ANOS. SÓ COLOREAN A COR DO GOMET QUE NECESITAN

 

ficha4

FICHA MÁIS COMPLEXA. COLOREAN E ESCRIBEN O NÚMERO DE GOMETS

Agardo que vos guste, aos meus pícar@s lles encanta. Déixovos ao final desta entrada uns arquivos adxuntos co modelo das fichas que utilizo eu. Software libre!!!! Compartide os materiais e as vosas ideas cos demáis. Xuntos cambiamos as cousas.

Arquivo odt: chiringo_gomets

Arquivo pdf: chiringo_gomets

 

 

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *