Photocall das emocións


20160603_100604

O centro onde traballo leva cinco anos dentro do programa PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) e eu teño o honor de formar parte do seu equipo dende os seus inicios cando o comezara a miña amiga e incansable compañeira Bea.

Todos os anos a biblioteca impulsa un proxecto de traballo, a nivel de centro, onde todas as investigacións xiran en torno á biblioteca escolar (Proxecto documental integrado). Este ano eliximos como tema: AS EMOCIÓNS. O proxecto realízase ao longo de todo o curso e é agora cando se expoñen as investigacións e os traballos realizados.

20160603_100649

Como xa sabedes os meus peques e eu levamos todo o ano traballando e aprendendo cousas sobre as emocións. Mais para esta exposición de final de curso eu quería facer algo especial. A mín gústame moito o arte e as “performance”. Gustábame a idea de poder interactuar, xogar e pasalo ben coa exposición. Así xurdiu a idea do noso “Photocall das emocións”.

 

20160603_100712

Non podemos controlar o que sentimos pero sí temos que aprender a controlar as nosas accións. Para que iso suceda, é importante coñecer que sensacións, pensamentos, ideas, imaxes pasan pola nosa cabeza cando sentimos unha emoción. Deste xeito, pregunteilles aos meus peques: Que pasa pola vosa cabeza cando vos enfadades? Cando pasades medo que cor predomina na vosa mente? Que cousas vos asombran?…

 

20160603_100621

O proceso de elaboración do photocall aínda que laborioso foi moi sinxelo. Eliximos seis emocións e a cada unha lle asignamos unha cor. A meirande parte das cores elixidas están moi condicionadas polo conto “O monstro das emocións”. Despois disto, emoción por emoción, fixemos os debuxos e escribimos as palabras que xurden nas nosas cabezas cando sentimos esa emoción.

 

índice

índice

O photocall está a gustar moito e case sempre hai algún maior de primaria “posando” diante dalgunha lámina. Nos vindeiros días, irei co meu grupiño a facer unhas fotiñas no noso photocall das emocións.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *