Bolsas de tea para mercar


20160606_102946

Este curso 2015/16 está piques de rematar pero a loita para mellorar este mundo non remata ata o último día de clase. Un día escoitei que os “malos” non descansan nunca e destinan moito esforzo e talento para os seus obxectivos, así que a nós tócanos facer o mesmo, utilizar todo o noso esforzo e talento para trocar as cousas.

 

1

Como xa sabedes fai unhas semanas asistimos a unha charla dentro das II Xornadas Medioambientais organizadas pola Fundación Ortegalia. O fotógrafo medioambiental Fran Nieto, explicounos na súa charla que un dos factores máis contaminantes do planeta é o excesivo uso de bolsas de plástico como as que usamos na compra. Paradóxicamente, é algo que está na nosa man trocar. Desta volta non son os polític@s, nin as multinacionais, nin os concellos… somos nós os que temos na nosa man a opción de mellorar o noso mundo.

 

2

 

No 2010 vertéronse ao mar unha media de oito millóns de toneladas de plástico dende 192 países con costa, segundo un estudio publicado na revista Science. É unha descomunal masa entre 10 e 1.000 veces maior que a que xa flota, é dicir, como cos icebergs, o problema da contaminación mariña pode ser monstruosamente maior do que se aprecia dende a superficie.

 

3

 

Volvendo a falar deste tema cos peques decimos comezar a utilizar bolsas de tea para facer as nosas compras. Deste xeito mercamos unhas bolsas de tea lisas e decorámolas na clase cada un/ha co deseño que quixo co única condición de escribir un eslogan ecolóxico.

 

bocnroll-1_ad_l

 

Aproveito para deixarvos dous enlaces de produtos que utilizamos na miña casa e que son moi útiles para deixar de usar tanto plástico. O primeiro deles é un portabocadillos que é perfecto para as merendas dos nen@s e dos menos nen@s. O seu nome é Boc´n and roll. Se premedes no nome poderedes botarlle un ollo á súa páxina.  O outro producto son as bolsas de Baggu moi utilices para mercar froita e verdura nos súper e non gastar inxentes cantidades de pequenas bolsas de plástico.

 

baggu produce

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *