Estructura cooperativa: folio xiratorio


folioxira

O Folio Xiratorio (FX) é a estructura que máis utilizo na miña clase. Os meus peques penso que é a que mellor dominan. Cal é a razón? Cecais porque é moi simple e pódese utilizar en moitas situacións. O educador/a asígnalle unha tarefa aos nen@s da clase agrupados en equipos de base (unha listaxe de palabras, a redación dun conto, as cousas que saben dun tema, ideas previas dun proxecto… e un nen@ do equipo comeza a escribir a súa parte ou aportación nun folio «xiratorio».

O mestr@ entrega ao alumnado unha folla, algúns profes utilizan unha plantilla con tres ou catro cadros segundo o número de membros dos equipos. Eu persoalmente utilizo follas en branco. Os equipos teñen que comezar establecendo unhas quendas. Unha vez solucionado este interesante e didáctico paso, comeza o primeir@ nen@, verbaliza o que vai a facer mentras o resto observa ou lle axuda. Despois o segundo alumn@ e así sucesivamente. Un exemplo vale máis que mil palabras: escribir unha lista de cousas que sabemos dos dinosaurios para coñecer as ideas previas antes de comezar un proxecto.

presentacin-caac-ambito-b-22-728

O primeiro neno escribe: “teñen dentes afiados”

 

presentacin-caac-ambito-b-24-728

A segunda nena escribe: “xa non viven”. O resto de peques axúdanlle a escribir.

 

slide_26

O terceiro neno: “Eran carnívoros”

 

presentacin-caac-ambito-b-28-728

A cuarta nena: “Comían persoas”

 

É importante que entendan que cando un nen@ escribe o resto están atent@s e axudan. O profe pouco a pouco ten que dotar aos peques de ferramentas para axudar. Un día axudas tí a un nen@ diante dos demáis. Na seguinte ocasión preguntas: alguén se atreve a axudar como fai o profe???. Co tempo e reforzando positivamente esas conductas, os nen@s comezan a cooperar e a axudarse entre ele/as.

Nestre intre moitos pensaredes que está moi ben para nen@s de cinco anos en adiante polo de escribir. Nada máis lonxe da realidade, a estructura folio xiratorio pódese adaptar e utilizar en moitas actividades cotiás dunha aula de educación infantil:

  • Facendo un crebacabezas (cada nen@ coloca unha peza)
  • Inventando unha historia cos Story Cubes.
  • Construíndo unha torre.
  • “Lendo” un conto.
  • Facendo calquera fichiña do estilo: busca as diferencias (cada nen@ busca unha)
  • Facendo unha seriación (cada nen@ coloca unha das figuras):

 

20160609_104136

20160609_104144

Como xa vos dixen noutra ocasión é cuestión de imaxinación e creatividade, adaptar as estructuras cooperativas as nenas e aos nenos de infantil.  Canto máis as utilizas, máis ideas van xurdindo. Na parte superior dereita desta web, na pestaña (Traballo cooperativo) podedes ver máis exemplos do uso desta estructura.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *