Proxecto “Protexendo a praia”


Dibujo

Ás veces cando rematas un proxecto de traballo tan práctico como este e toca “encuadernalo”, un atopa problemas para recordar todo o itinerario formativo seguido polo grupo clase. Iso foi o que me pasou a mín neste último proxecto do ano. A meirande parte das actividades, investigacións e accións deste proxecto fixéronse dun xeito cooperativo e estiveron encamiñadas a facer ou ver cousas. Iso significa que hai pouco material escrito en papel e iso fixo necesario a explicación en moitas ocasións dos pasos seguidos neste proxecto, así como das situacións ou decisións que nos levaron polo camiño percorrido.

 

“E porqué tanto esforzo? Grapa todo o que teñas e mándallo para a casa!!!”

 

Moitas familias están acostumadas a recibir moitas fichas, libros cheos de exercicios, cadernos e libretas. Como na nosa sociedade, moito é sinónimo de bo. Neste caso de ter traballado moito. Nada máis lonxe da realidade. Cando en educación infantil non utilizas método e priorizas a cooperación frente ao individualismo, cando todo o teu esforzo destínalo ao desenvolvemento de capacidades, do pensamento diverxente, a creatividade, o pensamento crítico, a xestión do propio aprendizaxe… Sucede que o material impreso que chega ás casas é moi limitado. Como dicía unha compañeira miña, os meus nen@s o que aprederon o levan posto.

 

“Moitos pais nin miran os traballos!!! Traballas para os pais ou para os nen@s?”

 

Levo anos escoitando esta retahila. Eu traballo duro para cambiar o sistema educativo, traballo para os meus veciños, traballo por unha escola pública mellor e penso que é moi importante “vender” ou “xustificar” o porqué facemos o que facemos cada vez máis profesorado. Os cambios deben ser explicados se queremos que as nosas familias confien en nós e nosa forma de traballar. Non entendo a educación dos meus nen@s sen contar coas súas familias.

 

As solucións que utilicei para plasmar cada unha das cousas feitas e vividas polos peques este proxecto son as seguintes:

 

  1. Explicación de todas e cada unha das actividades cooperativas. En moitos casos, os nen@s levan no seu dossier unha fotocopia do folio xiratorio feita por todo o equipo de base ou do debuxo cooperativo.
  2. Neste proxecto, moitas decisións tomáronse en base a vídeos ou cancións vistos na rede. Cada un deles aparece enlazado a códigos QR. Deste xeito, as familias (gustaríame pensar que isto é así) poden ver xunto cos nen@s o proxecto, utilizando algún dispositivo onde ver os QR (tableta ou móbil).
  3. Noutras ocasións, os peques realizaron materiais para a desenvolvemento deste proxecto: carteis protesta, bolsas de tea, un vídeo en Stop Motion. Tanto as imaxes dos materiais, preparción do vídeo, así como o propio vídeo foron subidos á rede e así enlazados a códigos QR.

 

Déixovos un slideshare co proxecto “Protexendo a praia”, último traballo deste curso 2015/16. Espero que vos guste!!!!!

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *