Os malos nunca descansan!!!!


4192142967_1f7a116564_o

Nalgún sitio escoitei fai tempo esta frase e cando a meditei recordo que un escalofrío recorreu todo o meu corpo. Levo case un mes sen escribir nesta miña ventá ao exterior. Levo varias semanas facendo o que máis me gusta, algo que non teño tempo de facer en época escolar. Levo un mes lendo cousas de aquí e de alá, vendo vídeos, facendo un curso online e estou cos libriños que merquei ao inicio do verán.

Gústanme moito os documentais, non os da 2 despois de comer ;). Os documentais que aportan unha visión diferente á que xa tes ou que te aportan algo novo. Da igual a temática que elixas: deporte, alimentación, tecnoloxía, política, maltrato animal, cociña, educación… Todos son diferentes e todos propoñen enfoques diferentes. Pero para mín, hai un denominador común: OS MALOS NUNCA DESCANSAN.

Póñovos un exemplo, o uso do azúcar na alimentación e os devastadores problemas que provocan na nosa sociedade. Moitos expertos o comparan co tabaquismo do século pasado. OS MALOS, destinan toda a súa intelixencia, creatividade e potencial para vender os seus productos tóxicos.

En educación pasa tres cuartos do mesmo. A ver cando “sacan” unha lei de educación decente, duradera e  de consenso. Levamos anos esperando este cambio, en serio imos seguir agardando a que os políticos amañen os nosos problemas? OS MALOS NUNCA DESCANSAN.

Un último exemplo, a tecnoloxía. Vivimos o verán do Pokemon Go. Hoxe pola mañá falaba coa miña irmá Cris e xurdiu o tema da dificultade das pais e nais para regular o uso do móbil en nen@s pequenos. Xa faqi tempo escoitei nunha TED a un directivo dunha empresa telefónica dicir que estaban enfocando os seus esforzos ao mercado infantil. Agora xurde Pokemon Go e a xente vai pola rúa como zombies vendo a realidade a través dun móbil. Para máis INRI, Mcdonalds aprobeita a situación e firma un acordo cos de Pokemon. Unha das tarefas do xogo é situar puntos no mapa chamados “ximnasios” onde adestrarán os teus pokemons. Neles tes que permanecer entre dez e quince minutos. Mcdonalds viu a oportunidade, os seus centros de engorde de humanos son xeniais para agardar esos dez minutos e dende fai unhas semanas os locais desta empresa, son ximnasios de Pokemons. Esta tarde estou rallante seino pero… OS MALOS NUNCA DESCANSAN!!!!

Como dí Joan Domenech no seu  libro Elogio de la educación lenta, o tempo é un recurso e só tí decides en que o utilizas. O verán é tempo do descanso, de sair ao exterior á tomar o sol e asimilar o calcio dos alimentos. O verán é tempo de estar coa familia, de pasear, de facer deporte, de viaxar e facer o que che pete. Pero nós, os mestres, os chamados á trocar este obsoleto sistema educativo temos que sacar tempo para seguir mellorando e para invertir a frase que da nome a esta entrada:

OS BOS TAMPOUCO DESCANSAMOS!!!!!!

Hoxe gustaríame compartir con vós a páxina de ScolarTIC  que é a primeira Comunidade Educativa de ámbito hispano. É un espazo social de aprendizaxe, innovación e calidade educativa que ofrece cursos online gratis, recursos de aula así como faladoiros, palestras e obradoiros dirixidos a docentes e futur@s docentes. ScolarTIC fomenta a creación dun espazo de debate educativo que permita a transformación das escolas españolas e latinoamericanas.

Eu veño de rematar un curso online sobre Gamificación. Tamén atoparedes cursos sobre Aprendizaxe por proxecto, educación emocional, didáctica de las matemáticas, Aprendizaxe Servizo, Impresión en 3D etc…. Tamén podedes atopar entrevistas a autores punteros do momento como Howard GArner, pai da teoría das intelixencias múltiples.

O enderezo web é : https://www.scolartic.com/inicio. Agardo que vos sexa de axuda!!!!! Bo verán!!!!!!

scolartic

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *