Pertencer a un grupo


dinamicas_grupoXa o dixen moitas veces, as clases son verdadeiros ecosistemas que funcionan con vida propia. Todos os seus elementos interactúan entre sí e adoptan uns roles concretos; roles que ás veces só se desempeñan dentro do grupo. Hai nen@s que lideran mentras que outros seguen, hai nen@s que buscan establecer lazos cos demáis mentras outros son auténticas illas no pacífico. Como mestres de educación infantil debemos coñecer todas as conexións que se establecen na nosa clase fomentando as positivas e recoducindo as negativas. Os peques teñen que aprender a cooperar, a sentirse manada, a entender (ao seu nivel) que tod@s somos importantes e influimos no benestar dos demáis.

Como xa vos contei as miñas enerxías este curso académico están destinadas a un grupo de 20 nen@s de cinco anos que tiveron a mesma titora durante os dous primeiros anos de infantil. Dous niveis moi diferenciados, alumnado con NEAE e alumnado en risco de exclusión social. Os peques coñécense, conviven na mesma aula pero claramente non todos interaccionan entre sí e moito menos cooperan. A cohesión do grupo clase é un dos meus primeiros obxectivos que abranguerán todo o curso. Para conseguilo, utilizarei dinámicas cooperativas de cohesión grupal que ademáis, axudaranme a formar os equipos de base para o posterior traballo en cooperativo.

Nesta entrada polo tanto,  falareivos das dinámicas de grupo que emplearei para cohesionar a miña “manada”.

Seguindo o traballo de Pere Pujolás e de José Ramón Lago, este último formador directo durante dous anos do meu grupo de traballo en Ortigueira, escollín as dinámicas de grupo que favorecen a interrelación, o coñecemento mutuo e a distensión dentro do grupo:

  1. A pelota
  2. Crebacabezas de imaxes e palabras.
  3. A tea de araña
  4. A maleta
  5. A silueta
  6. Páxinas amarelas

1

A pelota é un xogo na que os participantes aprenden o nome dos seus compañeir@s. Na asemblea ou nun gran corro, un nen@ colócase no medio. Dí o seu nome e seguidamente o de outro nen@ mentres lle lanza a pelota. Despois disto, séntase dentro do círculo. O nen@ que recibiu a pelota fai o mesmo. Os peques deste curso xa se coñecen así que farei unha variante: Chámome …. e pásolle a pelota a ….. porque ………………, ten que dicir unha cualidade do seu compañeir@. A finalidade desta dinámica é valorar a tod@s os membros da manada. Todos temos algo bo.

11

A dinámica realízase ao principio do curso. É unha dinámica de grupos realizada para que os nen@s se coñezan, relacionen e adquiran confianza entre eles. Ao principio da sesión cada nen@ recibe a metade dunha imaxe (as imaxes poden dividirse en máis partes) . A actividade consiste en buscar pola clase aos compañeir@s que teñen a parte ou partes desa imaxe. Sentaranse xuntos , se non se coñocen presentaranse e falaran sobre esa imaxe. Se os nen@s saben ler pódense utilizar palabras. En primaria e secundaria pódense utilizar poesías, adiviñas, cantigas, refráns…

No meu caso como xa se coñecen, pedireilles que se fagan unha pregunta concreta: nome da mascota, comida preferida, aficción, debuxos preferidos… A finalidade da dinámica é aumentar o coñecemento mutuo entre os nen@s e deseñar situacións nas que teñan que empregar as súas habilidades sociais.

4

A tea de araña é unha dinámica de cohesión grupal utilizada no aprendizaxe cooperativo. Esta dinámica consiste no seguinte: todos os peques se colocan nunha roda. O docente ten un ovillo de lá e o primeiro que fai é presentarse, dicindo o seu nome e destacando algún aspecto da súa personalidade ou afición. Despois, collendo un extremo do ovillo, lánzallo a un dos nen@s que fará o mesmo que fixo o seu profe. Pouco a pouco, iremos creando entre tod@s unha rede, unha  tea de araña. É importante destacar diante dos nen@s, que TOD@S somos importantes para manter a estructura e que non se rompa. Se preme AQUÍ, poderedes saber máis desta dinámica.

5

Esta dinámica utilízase para profundizar no coñecemento que teñen uns nen@s doutr@s. Para conseguir unha boa cohesión grupal e traballar en pro dunha aula inclusiva é necesario realizar dinámicas grupais que fomenten o acercamento e o coñecemento mutuo. Esta actividade consiste en enviar unha pequena maleta ou caixiña ás casas. Cada semana un nen@, ten que meter dentro obxectos que o definan, xoguetes ou cousas especiais para ese nen@, fotos, peluches… e explicarllo ao resto de compañeir@s. Se queres saber máis desta dinámica preme AQUÍ.

7

En grupos pequenos utilizando papel contínuo e por quendas, marcamos a silueta (o torso é suficiente) de cada nen@. Despois colgámolos na parede de clase ou do pasillo. Tod@s teñen que escribir algo bonito ou simpático de cada compañeir@. Se non se dispón de espazo suficiente pódese utilizar DIN-A3. Esta dinámica mellora a autoestima de cada nen@ e a do grupo clase, buscando a cohesión e que cada un dos membros do grupo se sinta ben dentro do grupo.

8

Nas Páxinas Amarelas da compañía telefónica atopamos listaxes de persoas ou empresas que prestan un servizo (restaurantes, imprentas, mercerías…). Esta actividade consiste en formar unha especie de “Páxinas Amarelas” da clase, onde cada nen@ pon un anuncio sobre algo que pode ensinarlle ao resto de compañeiros. Poden ser procedementos ou aprendizaxes máis lúdicas (cancións, xogos…).

Cada nen@ cubrirá unha ficha onde aparecerá o nome do servizo que ofrece, breve descripción (pode facelo o profe se son moi pequechos) e debuxo ou ilustración e nome do nen@.  Con todos estos anuncios confeccionase unha “Guía de servizos da clase”.  Despois xa depende do profe o xeito de organizalo. Pode ser de uso libre ou adicar unha sesión semanal ou quincenal para que os nen@s soliciten a algún compañeir@ un dos servizos que ofrece na guía.

A finalidade desta dinámica é aumentar a autoestima de todos os peques. Todos temos algunha cualidade ou sabemos algo que é de interés para os demáis. TODOS SOMOS IMPORTANTES!!!!!

cooperar

Xa comecei esta semana coa dinámica da Pelota. Ao longo deste curso contareivos os progresos dos meus peques e os avances que vexo na cohesión do meu grupo clase. Probade algunha delas e xa me contaredes!!!!

 

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *