Por qué cantar na escola? 1


cantar

O curso pasado fixen unha formación sobre TDAH impartida polos profesionais de Unidad Focus da Coruña (preme no enlace). Javi, director do centro dixo moitas cousas interesantes pero unha delas rompeume os esquemas. Por primeira vez, na miña vida unha persoa crítica co sistema educativo non nos botaba a culpa aos profes, senón que nos vía como víctimas. “Un mestre/a sae de maxisterio sen a formación suficiente para entrar nunha aula. Ninguén mira de vós”. Sempre pensei que a miña formación universitaria foi de mala calidade e pouco práctica. É o que pasa cando quen imparte docencia nunca estivo nunha aula de primaria e por encima basea as súa praxis en clases maxistrais. En tres anos de carreira, escoitei falar cincocentas veces sobre a importancia das cancións nunha aula de infantil. Hai que cantar!!!! É moi importante cantar!!!! Pero nunca me ensinaron unha soa canción ou fixen algunha práctica relacionada. Hoxe falareivos de porqué hai que cantar en educación infantil e de por onde comezar se estás ao inicio da aventura de ser mestre/a.

Ninguén pon en dúbida as cualidades que posúe a música na educación dos nen@s o que fai dela un elemento cotián na vida das persoas. Calquera de nós foi calmad@ na súa infancia polo canto da súa nai ou da súa avoa. Os nen@s dende que nacen entran en contacto co mundo sonoro que os rodea, dentro do que tamén escoitan música dirixida expresamente para eles.

No ámbito escolar, a canción convírtese nun recurso fundamental e asequible no aprendizaxe musical dos peques. A voz humana é o medio natural a través do que nos expresamos musicalmente e nos comunicamos cos demáis. Os nen@s son seres musicais por natureza e utilizan a súa voz para interactuar co seu entorno. Ademáis, está a estrecha relación entre o son da nosa voz e a conciencia dun mesmo. Estas e moitas máis son razóns suficientes para darlle entidade e prioridade á canción nunha aula infantil.

PERO QUE FACEMOS, CANTAMOS SEN MÁIS? O PRIMEIRO QUE NOS VEÑA Á CABEZA?

Cantar é un acto que para mín ten sentido por sí mesmo. Cantar é divertido e é un acto íntimo, de complicidade cos teus nen@s. A mín dame moita vergonza cantar diante de adultos. Na típica reunión de ciclo cando se comenta, alguén sabe algunha canción do outono para ensinarlla aos nen@s no Magosto? Penso, uff se digo que sí vouna ter que cantar e dame moita vergonza. Mais na aula cos meus peques é diferente, non me importa que estea diante algunha compañeira. Creo que é porque son moi consciente da importancia que ten o que fago nese intre, cantar.

Nembargantes, o acto de cantar pode relacionarse con outros obxectivos. De seguido póñovos algúns exemplos:

 

1. APRENDER PARTES DO CORPO (favorecen o recoñecemento do esquema corporal e da motricidade fina e grosa):

La cara que tengo yo (AQUÍ)

Saco una manita y la hago bailar (AQUÍ)

Hockey Pockey (AQUÍ)

 

2. CANCIÓNS DE ANIMAIS (favorecen a motricidade e estimulan a linguaxe):

En la granja de Pepito (AQUÍ)

A mi burro (AQUÍ)

El mamut chiquitito (AQUÍ)

 

3. ACCIÓNS COTIÁS (favorecendo a creación de hábitos e valores morais):

Me lavo las manos

A guardar, a guardar (AQUÍ) (recoller os xoguetes)

Anda un peregrino (antes dos contos)

Ahí ven!!! (mentras camiñas na fila)

 

4. CANCIÓNS PARA APRENDER VOCABULARIO:

Jugando al escondite (AQUÍ)

Había una vez un barquito chiquitito (AQUÍ)

 

5. CANCIÓNS PARA FAVORECER O CONTACTO ENTRE OS NEN@S:

Witzy Witzy la Araña (AQUÍ). Neste caso, un nen@ está sentado coas pernas estiradas. O outro nen@ ao seu carón xoga a que as súa man é a araña e sube e baixa polo corpo do nen@ sentado, dende os pés ata a cabeza.

Te rompo un huevo (AQUÍ). Hai varias variantes polo que é cuestión de atopar unha que vos guste.

 

6. CANCIÓNS ESTACIONAIS:

Panxoliñas

Cancións típicas do magosto, outono, primaveira…

 

7. CANCIÓN PARA MOVERSE (favorecen a formación de nocións de ubicación no espazo e a súa motricidade.

En un vagón (AQUÍ)

Aransansan (AQUÍ)

 

Como vedes, a variedade musical é infinita e case podemos atopar unha canción para cada tema. Mais unha vez claro isto, aparece outra pregunta, CANDO CANTAMOS?

  1. Na asemblea: eu e os meus peques é o primeiro que facemos cada día. Para mín é un xeito xenial de pertenza a un grupo. Ademáis, unha vez rematada a canción os terás a tod@s centrados e focalizados.
  2. Ao finalizar do xogo por recunchos: utilizo unha canción para recoller.
  3. Para ir na fila.
  4. Antes de comezar o conto. Unha vez rematada a canción, saben que comeza o conto e toca escoitar.
  5. Despois do conto, se queda un ratiño, cantamos e facemos xogos de dedos.

 

Para rematar, gustaríame recomendarvos un libro. É o que inicia esta entrada. JUGAR, CANTAR E CONTAR de Carmen San Andrés. Leva conmigo moitos anos e non recordo como caeu nas miñas mans. Só sei que moitas das cancións que sei son grazas a el. Clasifica as cancións en:

  • Juegos y canciones del  folklore popular infantil.
  • Juegos, retahílas, dichos y canciones de la vida cotidiana.
  • Juegos y canciones para perseguirse, tapar la calle, jugar al corro y bailar.

Un total de 160 cancións, algunhas delas con partitura e cun cd ao final do libro para coller a entonación.

 

cantar2

Bueno pois xa sabedes, a cantar!!!! É cuestión de aprender unha e despois xa van a demáis. Se coñecedes máis bibliografía deste tipo, sería xenial poder compartila con todos, así que non dubides en enviarme comentarios.

 


Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Un comentario en “Por qué cantar na escola?

  • Noa

    Unha dúbida Basi, ¿Hai algunha diferenza entre cantarlles cancións modernas ou antigas? ¿É prefirible usar unhas ou outras ou non ten importancia? A min dame a sensación que ao mellor os mestres non cantan porque as cancións son un pouco “de outro tempo”, non?