Os xogos de dedos


dedos-de-la-manoExiste unha estreita relación entre o desenvolvemento da motricidade e do cerebro. É unha das poucas cousas de valor que aprendes en maxisterio. A importancia dos movementos, a motricidade fina, o xogo manipulativo… É paradóxico que en pleno século XXI, moitos nen@s de educación infantil permanezcan tantas horas sentados (de primaria xa non falo, meus probriñ@s). Hoxe quérovos falar dunha das ferramentas máis importantes, completas e ricas que posuímos nas escolas para traballar mil cousas á vez: motricidade fina, ritmo, linguaxe, memoria, coordinación… Hoxe falareivos dos xogos de dedos.

Escoitei falar deles na carreira pero como no caso das cancións, non aprendín ningún naquela época. Foi grazas á miña irmá Cris, mestra de infantil da Escola Meniñeiros de Lugo, que me ensinou todas as que sei e me falou da importancia da motricidade fina no desenvolmento da mente no nen@.

A motricidade fina permite facer movementos pequenos e precisos. É complexa e esixe a participación de moitas áreas cerebrais.  Implica precisión, eficacia, armonía e acción. Moitos autores definen este concepto como coordinación óculo manual pola intervención do ollo, a man e os dedos. Aínda que é importante saber que non é exclusiva da man incluíndo os pés e os dedos, e a cara con referencia á lingua e aos beizos.

Rudolf Steiner, creador da pedagoxía Waldorf, dicía que o pensamiento equilibrado e o “bo xuízo” dun adulto dependerá moito máis de si de nen@ se lle ensinou a usar as súas mans e dedos correctamente, que máis tarde, do exercicio do pensamiento lóxico. Establécese unha conexión entre a movilidade dos dedos e os pensamientos flexibles e a creación de ideas. Esto pode parecer a priori algo disparatado e nembargantes, cada vez máis, a neurociencia destaca o poder deste tipo de tarefas sobre o cerebro do nen@.

Imos aló!!!! Comezamos por unha das miñas preferidas. Sinxela e asequible incluso para nen@s de tres anos.

PIN Y PON

Pin y Pon
Muy buenos amigos son

A Pin y a Pon
Les gusta jugar juntos.

Pin por encima Pon
Pon por encima de Pin
Pin por encima Pon
Pon por encima de Pin
Pin Pon Pin Pon Pin Pon
Alejob

Lo pasan tan bien que,
vuelven a salir 
Y vuelven a jugar juntos.

Pin por encima Pon
Pon por encima de Pin
Pin por encima Pon
Pon por encima de Pin
Pin Pon Pin Pon Pin Pon
Ay que mareo!!!!!!
Catapún!!!!!

PIN-PON (Preme para descargar o pdf coa explicación)

OS CINCO REIS

 Eu son o rei porque son o máis listo.
 Eu son o rei porque son o máis guapo.
Eu son o rei porque son o máis alto.
  Eu son o rei porque son o máis rápido.
Eu son o rei porque son o máis forte.
E como son o máis forte voulle petar aos meus irmáns!!!!
Toma!!!    Aiiii!!! 
(Así con cada dedo da mesma man)
Escoita gordiño!!! Porqué lle pegas aos teus irmáns??
Eu son o rei porque son o máis forte!!!!
Pois si eres o máis forte, non lles pegues. Tes que protexelos
Dalles un biquiño a cada un.
Toma!!!    Muac!!! 
(Así con cada dedo da mesma man) 
E os teus irmáns, taparante pola noite. 

CINCO_REIS (Preme para descargar o pdf coa explicación)

OS DEDOS DA MAN

Para finalizar, vouvos ensinar un xogo de dedos cantado (utilizamos a melodía da canción frère jacques).

Dedo meñique, dedo meñique
onde estás????
Aquí estou!!!!
Gusto en saudarte, gusto en saudarte
xa me vou, eu tamén.
(O mesmo con todos os dedos e ao final coa palma da man)

DEDOS_MAN (Preme para descargar o pdf coa explicación)

Aquí vos deixo a voz dos meus peques de Covas. Ao que fan ben?????? Se coñecedes máis xogos de dedos, enviádemos!!! Xuntos somo mellores!!!!!

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *