Como facer fichas e non morrer no intento 2


20161011_090151

Este curso é especial, seino e o tomo con calma. Son moitos cambios os que un ten que asimilar rápido e aínda que estou moi contento no meu novo destino, teño que adaptarme a un centro moi diferente ao anterior. O que peor estou a levar é o uso dos métodos de lectoescritura, matemáticas e dun proxecto. Fai máis de once anos que non os utilizo e non recordaba o terribles que me parecen. Facía moitos anos que non sentía que o meu traballo o pode facer calquera. En serio!!!!! cando os meus peques fan algunha ficha de trazos penso, isto é aburridísimo, mecánico, pouco significativo e inútil. Realmente só estou na clase para “xulgar” o traballo dos nen@s: “aquí te saliste” “esta non é a letra f”. Pero eu realmente no facilito as aprendizaxes dos nen@s e eles da igual que interaccionen, cada un/ha ten que facer as súas ringleiras de letras.

fMais os mestre/as sempre temos que sacar petróleo da nada así que hoxe falareivos de como sacar maior partido ás fichas do cole. COMO??? UTILIZANDO O TRABALLO COOPERATIVO.

A semana pasada comezamos co proxecto anual “Os castelos” elixido para todo infantil e mercado a unha editorial moi coñecida. Como actividade motivadora ou introductoria “alguén” deixou na biblio do colexio un sombreiro de cores con cascabeis e unhas adiviñas. A partir de aquí comezou a investigación e o uso do método.

ficha

A primeira actividade do caderno é resolver a adiviña. É unha ficha como as demáis (individual) pero cunha voltiña, podemos sacarlle máis partido e tornala nunha actividade cooperativa.

Xa teño aos cinco equipiños funcionando, cada un ten un nome e un escudo propio que adorna o seu caderno de equipo. Hoxe aproveitando a primeira ficha do caderno fixemos unha estructura cooperativa chamada 1-2-4 (PREME AQUÍ se queres saber máis dela). Deste xeito, os nen@s fixeron a ficha pero ademáis traballaron en equipo, axudáronse, discutiron, empatizaron, colaboraron, respectaron as quendas, negociaron…

Para rematar hoxe quero deixarvos unha idea para a reflexión:

Coñezo moitas familias que mercan cadernos nas librerías para facer na casa cos peques. Non teñen ningunha formación pero para borrar si o neno ou a nena se sairon da pauta non a precisan, eles están para sacar adiante aos seus fill@s. Pero nós, mestres e mestras, en serio creedes que unha persoa precisa catro anos de carreira e toda a posterior formación en pedagoxía para que na súa clase se fagan fichas de trazos??

Se sintes que o teu traballo non serve para moito, que o que fas na escola o pode facer calquera, que o sistema educativo do que formas parte segue a reproducir as desigualdes sociais… Entón, hai esperanza para tí!!!!! É hora de cambiar as cousas!!!!! Deixa de correxir fichas e ringleiras de letras e propicia aprendizaxes na túa clase, ensina a pensar, a sentir, a interactuar cos demáis e a que cada un dos nen@s da túa clase elixa o camiño hacia a súa propia felicidade. NON ESTÁS SÓ/A!!!!!


Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 Comentarios en “Como facer fichas e non morrer no intento

  • raquel

    Basi m encanta tu blog…es super interesante!!!ojala tuviera tanta imaginacion para realizar mi programacion….NO A LAS FICHAS!!!pero es tan complicado…. voy a necesitar ayuda.bikiñossss

    • oprofebasi Autor

      Sí que é difícil. De feito, é complicado deixar de facer ese tipo de fichas dun día para outro. Pouco a pouco, día a día, a túa cabeza vai cambiando e as ideas de traballo son diferentes. O primeiro paso é querer cambiar, despois pouco a pouco.