A carpeta de equipo


20161018_092231

Como xa sabedes estou en pleno proceso para o inicio do traballo cooperativo. Xa fixen os equipos de base, xa elixiron o seu nome, ata teñen un logo e esta semana tocou comezar a cubrir os plans de equipo e comezar a encher as carpetas de equipo. Hoxe falareivos deste obxecto tan preciado polos equipos de cooperativo por unha única e convincente razón: “esta é a nosa carpeta, verdade profe??”

O plan de equipo (preme para máis info) é unha declaración de intencións, un pacto entre os membros dun equipo, encamiñado cara a consecución duns obxectivos individuais para co equipo e dun obxectivos comúns. O plan de equipo consta dunha serie de documentos que o conforman e que se recollen no caderno de equipo:

  1.  Nome dos integrantes do equipo.
  2.  Nome do equipo.
  3.  Cargos que desempeñan cada un dos membr@s do equipo.
  4.  Os Plans de equipo
  5.  Os diarios de sesións.
  6.  As revisións periódicas do plan de equipo.

Esta semaniña nunha das sesións despois da asemblea, mentres o resto de peques traballaban nos recunchos, fun equipo por equipo cubrindo os datos das súas carpetas de equipo:

20161018_092324

O primeiro que fixemos foi un folio xiratorio para escribir o nome do equipo (rompehuesos, resurrection, corazones…). Deste xeito aprobeitei para ensinarlles en pequeno grupo como se fai esta estructura.

20161017_101450

En segundo lugar, cubrimos unha ficha onde aparece o nome do equipo e o nome dos integrantes. Cada un escribiu o seu e algúns precisaron da axuda dos demáis.

20161017_101850

En terceiro lugar, cubrimos e repartimos os cargos do equipo (preme). Este curso estou utilizando unha nova carpeta de equipo, utilizando o modelo do meu compañeiro Álvaro. Cada cargo desempeñado polos nen@s ten dentro da carpeta de equipo un distintivo para pegar con velcro na mesa á hora de traballar cooperativo.

20161018_092308

Unha vez que temos todo isto claro. Só nos resta cubrir o plan de equipo que dirixirá as melloras de cada equipo ao longo da súa duración. Déixovos un exemplo do ano pasado.

plan4

De seguido vos deixo os modelos que utilizo e que atoparás nas Carpetas de Equipo dos meus peques de Covas. En formato ODG (por se queredes modificar algunha cousa, como por exemplo os cargos) e en PDF.

modelo_carpeta_equipo (PDF)

modelo_carpeta_equipo (ODG)

imaxe_coope

Esta imaxe pertence á páxina desmotivar.com

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *