“Los alumnos recuerdan al docente que les enseña a pensar”


larry

Esta semana chegou ao meu correo unha publicación da Rede Educativa Escolar TICHING  á que estou suscrito. Chamou a miña atención un título moi suxerente que dicía: “Los alumnos recuerdan al docente que les enseña a pensar”. Entrevista realizada a Larry Rosenstock, docente e director dunha escola High Tech High (HTH).

As escolas HTH son escolas públicas pero cun enfoque diferente ás escolas públicas tradicionais de calquera país. O seu principal obxectivo é ser escolas diversas e integradoras. Escolas que non separan por sexos, habilidades, idiomas, ingresos, etnia ou calquer tipo de habilidade económica mal entendida. O traballo por proxectos, o traballo en equipo, a entrada da sociedade dentro da escola (familias, empresas), así como o cambio do rol docente son algunhas das claves do seu éxito. Cecais a medida que melor define estas escolas é que o seu alumnado entra na escola a través dun  sorteo (polo seu código postal). As clases están formadas pola diversidade que garante ter un porcentaxe de nen@s de cada zona da cidade. Querendo demostrar polo tanto que se poden obter bos resultados académicos contando con grupos heteroxéneos.

Alguén na miña etapa universitaria, creo que o profesor Silvosa, preguntounos: Creedes que o sistema educativo, tal e como o coñecemos, é unha reproductor dos roles sociais e económicos ou un motor de cambio? Despois dun pequeno debate, vimos a seguinte viñeta de Tonucci:

manipulacio_escola1

Despois de algúns anos na escola pública un entende perfectamente a pregunta e comprende á perfección o debuxo de Tonucci. O peor de todo é o día que descubres que como mestre, formas parte dese sistema disgregador que intenta uniformizar aos  nosos nen@s, e que os teus alumn@s son esa variedade que ves entrar á esquerda da viñeta de Tonucci, coas súas diferencias, limitacións e potencialidades e que moitos dele/as son desechados nalgún momento da súa traxectoria escolar.

Eu quero outra escola, unha escola para todos que ofreza de verdade as mesmas oportunidades. Unha escola pública diversa e integradora. Aquí vos deixo o enlace á entrevista de Larry Rosenstock, agardo que vos guste.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *