Asociación cantidade-número con ABN


20161019_141513
Ao comezo do curso avaliei os coñecementos básicos dos meus peques. Non utilizo ningún material específico, fago unha plantilla e a modo de xogo coñezo os coñecementos previos dos nen@s: cores, formas, conteo, números, tamaño…  Tamén facemos unha proba de lectoescritura que me ensinou a miña compañeira Mª Mar.
O certo é que xunto cos datos das probas e do observado na asemblea, decateime da necesidade de traballar cos meus peques de Covas non só o conteo, senón tamén a asociación número-cantidade. O primeiro caderno de mates propón xa a estas alturas actividades, bastante complexas, para a realización de sumas. Mais moitos dos meus nen@s aínda non asocian unha cantidade de obxectos cun número e séguelles custando descompoñer os números en partes (preme AQUÍ para ver esta actividade).
Por todo isto, preparei un par de xogos novos para reforzar o traballo no recuncho de mates. Atopei as ideas na páxina de ACTILUDIS. A verdade é que non precisan de moita explicación, déixovos as fotos e as plantillas por se as queredes facer para a vosa clase. Están deseñadas para traballar os números, o conteo, a grafía, a asociación número-cantidade, a coordinación óculo-manual, a motricidade fina e a pinza.
20161019_134746
NÚMEROS-PINZA (ODG) numero_pinza_abn
NÚMEROS-PINZA (PDF)  numero_pinza_abn
20161026_174014
20161026_173907
 De seguido atoparedes as plantillas deste último xogo. Xa me contaredes!!!!
ÁRBOL_ABN (ODG) arbol_abn
ÁRBOL_ABN (PDF) arbol_abn

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *