Dous nenos de 3 anos non son un de seis.


frato

A aceleración de procesos na educación infantil é un tema que me preocupa profundamente dende fai tempo. Penso que os mestre/as estamos entre a espada e a parede, presionados por unha sociedade totalmente acelerada e os máis pequenos son os que sofren as consecuencias.

A vida dun recén nado non parece ser moi difícil: comer, durmir… calquera xesto ou movemento que supoña unha mellora é aplaudido e festexado. Pero normalmente aos tres anos, en moitos casos antes, a vida dos nen@s cambia. Un bo día, a boa vida remata, soa a música de zafarrancho de combate e son incorporados a un sistema que os categoriza, etiqueta, clasifica e sobre todo xulga. Quedaron atrás aqueles días onde calquera mellora era festexada. Agora non só non poden fallar, “non sei que che pasa hoxe? non hai que ten ature!!!” senón que pasa a ser  unha cuestión de produtividade: que aprendiches hoxe na escola? disculpe, e que xa levan dous meses de clases, xa rematou o período de adaptación e o neno non sabe ningunha letra?

Non é culpa das familias nin é culpa do profesorado pero día a día sucédense cousas deste estilo nas escolas e ao final aos nosos nen@s tócalles a peor parte. A sensación de vivir a remolque de todo, cunhas esixencias brutais que merman as súas enerxías vitais e que ademáis de frustralos lles provocan noxo pola escola.

Moitos adultos pensan, por desgracia entre eles moito profesorado, que os nen@s son un xerme de adulto. Un nen@ é un nen@, un ser con sentido en sí mesmo. Preparalo para a vida adulta non é facerlle vivir as cousas antes de tempo. Eu teño 38 anos e aínda que son novo, xa teño unha idade como para pensar no que levo feito e no que me queda. Imaxinade que o médico ao cumprir os corenta anos me dixese: “xa tes corenta anos, e teste que preparar para ser ancián. Por iso, a partires de agora tes que ir unha vez por semán á residencia de maiores a xogar as cartas toda a tarde. Así vaste facendo unha idea!!! e a partir dos corenta e cinco serán dúas tardes”. Non sei que pensades vós? Eu penso que a clave para aceptar o paso do tempo non é vivir xa coma un vello e meterme na cama as oito da tarde. A clave está en vivir a tope, feliz e conscientemente os meus corenta anos. Vivir coas posibilidades e limitacións da miña idade. O que sempre se chamou ir queimando etapas. Isto que vemos tan claro en nós, cóstanos velo para os nen@s. Fai uns anos, no colexio onde traballaba un grupiño de familias de primeiro de primaria pediulle á titora se sería posible que os nen@s pasasen menos tempo sentados e xogasen algo por recunchos. Ela moi seria contestoulles: “é lei de vida”. O que traducido viña sendo: pois vai ser que van quedar sentados e sen recunchos porque estar sentados segundo esta mestra os prepara para a vida adulta. En fin!!!!

Antes non é sinónimo de mellor. Un nen@ de infantil ten que vivir a súa infancia de acordo á súa idade e non facer que viva coma un maior en preparación do que virá. Estará preparad@ para etapas futuras si se respectan os seus ritmos, as súas necesidades e as súas limitacións. Dous nenos de tres anos non son un neno de seis. Aínda que é duro, soportemos a presión social e tratemos aos nosos nen@s como nen@s. Fagamos unha escola respetuosa cos ritmos dos máis pequenos. Só dun nen@ feliz poderá emerxer un adulto feliz.

 

 

 

 

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *